Os símbolos prima [ 1] ( ′ ), segunda ( ″ ) e terceira ( ‴ ) son símbolos empregados con distintos significados en Matemáticas e outras Ciencias , Lingüística e Música . Este símbolo é diferente do apóstrofo , acento agudo , acento grave , comiñas ou o signo de ídem .
Historia
O nome "prima" provén de ler a notación x ′ como a primeira dunha serie, seguida por “x segunda”, e así sucesivamente.
Usos
Matemáticas
Sinálase co símbolo prima unha variable relacionada cunha anterior, por exemplo por ser o resultado dunha transformación.
Emprégase para indicar derivación : se y = f (x ) entón y ′ é a súa función derivada.
Nalgunhas notacións representa o complementario dun conxunto ou dun suceso.
A prima é o símbolo do minuto e a segunda é o símbolo do segundo, unidades de medida de ángulos no sistema sexaxesimal .
Lingüística
Na transliteración dalgunhas linguas eslavas denota palatalización .
Música
Prima, segunda e terceira
No sistema de notación de Helmholtz empréganse a prima e a segunda para distinguir notas en diferentes oitavas .
Notas
↑ Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas . ISBN 84-8121-369-1 .
Véxase tamén
Ligazóns externas