Signo igual

=
Signo igual
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

O signo igual (=) é un símbolo matemático empregado para indicar a igualdade de expresións matemáticas.

Historia

Primeiro uso do signo igual, equivalente a 14x+15=71. Da obra The Whetstone of Witte de Robert Recorde.

O símbolo foi inventado en 1557 polo matemático galés Robert Recorde na súa obra The Whetstone of Witte. Decidiu empregar dúas liñas iguais por considerar que era a mellor representación da idea de igualdade.

O signo = non foi inmediatamente popular, senón que algún autores empregaban dúas barras paralelas ( || ) ou æ (ou œ), abreviaturas da palabra latina aequalis (“igual”).[1]

Uso

  • En Matemáticas pode empregarse para indicar un valor particular (x = 2), crear definicións (sexa x = 2), expresar condicións (se x = 2, entón…), ou indicar unha equivalencia universal (x + 1)2 = x2 + 2x + 1.
  • En Informática acostuma empregarse para asignar valores.
  • Nalgunhas linguaxes de programación empréganse varios signos iguais: ===.
  • Algunhas linguas africanas utilízano como signo diacrítico para indicar ton.[2]

Símbolos relacionados

Aproximadamente igual

Os símbolos para expresar a idea de “aproximadamente igual” adoitan ter forma de ondas ou incluír puntos:[3] ≈, ≃, ≅, ∼, ∽, ≐, ≒, ≓

Desigual

O símbolo empregado para a relación "non é igual" é un signo igual cunha barra ("≠").

Identidade

Símbolos utilizados para indicar unha identidade ou equivalencia son "≡", "≝", ":=" ou "≘".

Menor ou igual e maior ou igual

Artigo principal: Antilambda.

O signo igual pode combinarse cos signos "menor que" ( < ) e "maior que" ( > ): ≤ e ≥.

Notas

  1. MacTutor History of Mathematics archive (ed.). "Robert Recorde". Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 
  2. Constable, Peter G.; Priest, Lorna A. (31 July 2006). Proposal to Encode Additional Orthographic and Modifier Characters (PDF). Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 
  3. Unicode.org (ed.). "Mathematical Operators" (PDF). Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!