A parroquia de Présaras ocupa as zonas máis baixas do concello, estando a maior parte da parroquia darredor dos 450 metros de altitude. O punto máis alto atópase na Fraga, con 490 metros sobre o nivel do mar.
Hidrografía
O territorio de Présaras está delimitado case por completo polos ríos Cabalar e Tambre. Tamén o río Ceños, afluente do Tambre, discorre pola parroquia.
Clima
O clima é temperado con temperaturas frías no inverno e suaves no verán. Son abondosas as precipitacións dende o outono á primavera, e no inverno son moi frecuentes as xeadas e ocasionais as nevaradas.
Dende a segunda metade do século XX sofreu un gran descenso de poboación, debido ao peche de industrias, á emigración ás cidades e ao avellentamento da poboación.
Durante a primeira metade do século XX tivo grande importancia a industria téxtil pola presenza na vila da fábrica de tecidos La Arzuana, que funcionou de 1882 a 1962[18] e na que traballaron varios centos de persoas, a maioría delas, mulleres.[19][20]
Cultura
Toponimia
O topónimo Présaras ten a súa orixe nas presuras (pressura, pressurae), un procedemento polo cal se ofrecían terras a colonos para que fosen poboadas e traballadas.[21]
As festas patronais en honor a San Pedro, celébranse na fin de semana do 29 de xuño na Carballeira. O 29 de setembro celébranse as festas de San Miguel.
↑Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003"(XLS); "2004", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006"(XLS); "2007", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal(XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal(XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).