O arciprestado de Sobrado é un arciprestado da arquidiocese de Santiago de Compostela. Pertence á vigairía de Santiago e abrangue 25 parroquias de seis concellos coruñeses.
É o herdeiro do condado de Présaras, tendo uns límites moi semellantes.[1]
Parroquias
As 25 parroquias do arciprestado son:
- 1 parroquia do concello de Aranga:
- Vilarraso (San Lourenzo).
- O resto das parroquias de Aranga repártense entre os arciprestados de Pruzos (dúas) e Xanrozo (tres).
- Os Ánxeles (Santa María), Corneda (San Pedro), Dormeá (San Cristovo) e Rodieiros (San Simón).
- O resto das parroquias de Boimorto pertencen ó arciprestado de Ferreiros.
- As 4 parroquias do concello de Curtis:
- Curtis (Santaia), Fisteus (Santa María), Foxado (Santa María) e Santa María de Lurdes (Santa María).
- 9 parroquias do concello de Sobrado:
- Carelle (San Lourenzo), Codesoso (San Miguel), Cumbraos (San Xiao), Folgoso (Santa Cristina), Grixalba (San Xiao), Nogueira (San Xurxo), A Porta (San Pedro), Pousada (San Mamede) e Roade (Santo André).
- A parroquia administrativa da Ciadella foi suprimida eclesiasticamente na reforma parroquial de 1867 e integrada na de Armental (Vilasantar).[2]
- Armental (San Martiño), Barbeito (San Salvador), Mezonzo (Santa María). Présaras (San Pedro), San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo), Vilariño (Santa María) e Vilasantar (Santiago).
- A parroquia de Armental incorpora a da Ciadella (Sobrado).[2]
Igrexas parroquiais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas