A praia do Fortiñón,[1] tamén coñecida como praia dos Muíños de Fortiñón[1] ou coloquialmente como praia de Saiáns,[1] é un areal que se atopa na parroquia viguesa[2] de Saiáns.[3][4] É unha das praias de Vigo que conta con Bandeira Azul.[5][6]
É unha praia mixta onde se practica o nudismo,[7][8] de 100 metros de lonxitude e unha anchura media de 50 metros con area branca e fina. Na súa marxe dereita desemboca o regato do Lavadoiro e dende a praia pódense albiscar as illas Cíes. A súa contorna está ocupada casas e un pequeno paseo litoral.[9]
Conta con paneis informativos, servizos de limpeza e vixilancia, duchas, rampla de acceso e bar.
Ao areal accédese en vehículo rodado pola estrada da costa de Vigo á Ramallosa (PO-325) e posteriormente débese acceder polo camiño do Fortiñón. Dispón dun pequeno aparcadoiro.
O autobús urbano de Vitrasa que presta servizos a esta praia é a liña L-10 e o interurbano é a liña Vigo-Baiona.