Unha praia nudista é aquela praia na que está permitido ou é costume practicar o naturismo. O resto das praias, nas que é costume tapar os xenitais, coñécense como "téxtiles" ou "de top-less", se as mulleres poden prescindir da parte superior do biquini ou traxe de baño.
Localización
En 2009, o xeógrafo Emmanuel Jaurand constatou a existencia de praias nudistas autorizadas en 43 países do mundo, localizadas principalmente en Europa (a maioría na Unión Europea) e en América. Indicou que algúns países observan certa tolerancia con respecto a este tipo de lugares, citando a China, Indonesia, Turquía ou Costa Rica. Finalmente, no resto do planeta, estas praias non parecen ter “unha existencia oficial (…) nin existencia ningunha”. Nestes últimos casos, cando existen de xeito extraoficial, sitúanse preto de balnearios internacionais.[1] Once países do continente americano teñen praias nudistas autorizadas.[1]
En Galiza
En Galiza o naturismo non é obxecto de lexislación, é dicir, nin está prohibido nin está permitido en espazos acoutados. O código legal actual non fai mención á práctica puntual ou usual de ir espido, polo que calquera podería camiñar nu pola rúa ou na praia, sen que ninguén lle puidese sinalar que iso é delito. Ora ben, é relativamente frecuente observar como o naturismo, cando se practica en praias téxtiles, dá lugar a protestas veciñais e dos demais bañistas[Cómpre referencia].
Nalgúns casos, as praias nudistas son calas pequenas e de difícil acceso; noutros, son parte dunha maior, máis afastadas da entrada e algo separadas por dunas. As máis coñecidas son:
A existencia de praias nudistas autorizadas ou toleradas dentro da Unión Europea está suxeita á lexislación vixente de cada estado. Así, en Finlandia o nudismo é legal en todos os lugares e en todas as circunstancias e nalgúns países xermánicos (Alemaña, Austria), a nudez está “permitida en todas partes agás onde estea expresamente prohibida”.[12]
Na maioría das praias de Dinamarca[13][14] e nalgunhas de Noruega[15] a roupa é opcional. En Alemaña hai áreas de baño con roupa opcional en parques públicos en cidades como Múnic[16] e Berlín.[17] Tamén é opcional o traxe de baño nas praias dalgúns destinos de vacacións como Creta, agás nalgunhas praias urbanas,[18] e por exemplo Barcelona ten dúas praias con áreas nudistas situadas no centro da cidade (Barceloneta e Mar Bella).[19] O Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente de España enumera máis de 240 praias nudistas oficiais.[20]
No resto do mundo
Noutras partes do mundo hai praias oficiais en Australia, Israel e Suráfrica. En Nova Zelandia pódese ir espido en calquera praia onde se acepte a nudez, polo que non hai praias nudistas oficiais.[21] A primeira praia de Suráfrica foi autorizada en 2015 na Reserva Natural de Mpenjati, situada na rexión de Wild Coast, a uns 150 km de Durban.[22][23]
Historia
Durante un cruceiro, o rei Eduardo VIII e a súa parella Wallis Simpson pararon nunha praia da illa de Rab, onde o rei obtivo un permiso especial do goberno local para nadar espido, co que se converteu na primeira praia nudista oficial do mundo.[24] As praias nudistas comezaron a popularizarse na década de 1950 na costa francesa[25] e dende entón estendéronse polo mundo. Algunhas forman parte dunha área nudista maior, como ocorre en Cap d'Agde.
As décadas de 1960 e 1970 viron aparecer certa tolerancia coas praias nudistas nos Estados Unidos. Un exemplo foi Jacob Riis Park, onde o nudismo estaba limitado a "Bay One", a sección máis ao norte demarcada informalmente por diques. Orixinalmente frecuentada por homes homosexuais, a popularidade expandiuse aos naturistas tradicionais, incluídas ás familias. Cando o parque pasou a formar parte da Gateway National Recreation Area en 1972, a lei federal substituíu as leis locais de exhibición indecente. En 1974 aprobouse unha lei da cidade que prohibiu explicitamente a nudez no parque, mais a United States Park Police continuou coa súa política de indulxencia a non ser que se violasen outras leis. A nudez ilegalizouse mediante unha lei estatal de 1983.[26]
Aínda que o desenvolvemento das praias nudistas foi separado das asociacións nacionais naturistas, algúns destes grupos amosaron interese neles e axudaron a protexelas legalmente e a través de publicación de guías de comportamento.[27]
En Galicia
En 1975 comezou a practicarse o nudismo en praias de Galicia, o que levou a que varias persoas fosen detidas na praia de Barra. No verán de 1983, a praia de Baroña, a que acudían nudistas dende a década anterior, converteuse no centro das actividades da Coordinadora Nudista-Ecologista Radical, liderada polo economista Miguel Cancio e o concelleiro da Coruña Pedro Arias. Os seus integrantes sufriron ataques e 14 persoas foron detidas. Despois destes sucesos comezou o proceso de despenalización, que chegou en 1989 coa modificación do Código Penal que suprimía o delito de escándalo público.[28][29][30]
↑"Naturism and free beaches in Denmark.". Scandinavian Naturist Federations. 2005. Arquivado dende o orixinal o 06-02-2005. Consultado o 23-12-2011. é posible e está permitido estar espido en calquera praia de Dinamarca con dúas grandes excepcións: Holmsland Klit e Hennestrand. O único requisito é manter un comportamento decente.