Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Barra.
A praia de Barra é un areal do concello de Cangas, situado ao final da península do Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido.
Localización e características
Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Viñó, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo.
Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país.
Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa.
Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000,[1] de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas