O Plan de retirada unilateral israelí ou Plan de desconexión (en hebreo: תוכנית ההתנתקות; Tojnit Haitnatkut) foi un plan proposto a principios de 2004 polo entón primeiro ministro de Israel Ariel Sharón, adoptado polo Goberno e aprobado mediante lei do Parlamento (Knesset), que foi levado a cabo durante a segunda quincena de agosto de 2005. O plan propuxo eliminar toda presenza permanente civil israelí da Franxa de Gaza, así como eliminar catro asentamentos de pártea norte de Cisxordania, administradas por Israel desde a Guerra dos Seis Días.
A pesar da retirada israelí, a Franxa de Gaza segue considerándose polas Nacións Unidas, as organizacións internacionais de dereitos humanos e moitos estudosos, como parte dos territorios ocupados militarmente por Israel,[1], o cal discute este país e outros estudos legais.[2] Trala retirada, Israel continuou mantendo o control directo externo sobre Gaza e indirecto sobre a vida alí: controla o espazo aéreo e marítimo, e seis dos sete postos fronteirizos. Israel tamén mantivo o control sobre o rexistro de poboación e a subministración de auga, electricidade, telecomunicacións e outras necesidades.[1][3]
Descrición do plan
Durante a retirada israelí da Franxa de Gaza, foron desmantelados 21 asentamentos israelís civís, en tanto do norte de Cisxordania foron evacuados catro: