Discípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os mamelucos de Exipto (1523).
Mapa de figuración dos fondos mariños de Piri Reis. Segundo o seu autor inclúe "todas as costas, as illas poboadas ou desérticas, os ríos, as rochas a flor de auga ou baixo a agua, os bancos de area (...)"
Sitiou Xibraltar por ordes do sultánotomán pero terminou aceptando un suborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.
Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Suramérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.