Pioneiras. Galegas que abriron camiño é o primeiro volume do álbum Pioneiras de Anair Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz da Editorial Xerais.[1]
Neste primeiro volume dan a coñecer as biografías de 12 mulleres galegas (correspondentes de guerra, navegantes, escritoras ou directoras dun xornal).[1] Segundo a autora o libro pretende a "recuperación da memoria e intervención social. Facer reflexionar sobre a falta de referentes femininos, tamén para os homes. Que eles non nos consideren como tal ten consecuencias".[2]