No momento da chegada dos europeos o principal pobo nativo da rexión eran os quapaw, algúns comerciantes españois e franceses asentáronse na zona establecendo relacións comerciais e casaron con mulleres indíxenas, un fillo dunha destas relacións, Joseph Bonne estableceuse logo dunhas inundacións en 1819 nun outeiro (bluff en inglés) a uns quilómetros do asentamento quapaw, no lugar no que actualmente se levanta a cidade[2]. A partir de 1824 uníronse outras familias europeas. En 1829 a lexislatura estatal estableceu o condado de Jefferson, establecéndose en 1832 a súa capital no asentamento de Bonne, que a partir de outubro pasou a se denominar oficialmente Pine Bluff Town. Durante a Guerra Civil e como consecuencia da Proclamación de Emancipación na localidade instaláronse moitos refuxiadosafroamericanos que fuxían da escravitude imperante na Confederación.