Philippe Halsman, nado en Riga o 2 de maio de 1906 e finado en Nova York o 25 de xuño de 1979, foi un fotógrafo letón-estadounidense moi coñecido polos seus retratos de personaxes célebres.
Traxectoria
Nado en Riga no seo dunha familia xudía. Estudou enxeñaría en Dresde. En 1928 foi acusado publicamente de parricidio; o seu pai que tiña por nome Morduch caeu e morreu durante unha excursión campestre nos alpes austríacos, con todo a xente dos arredores non dubidou en acusalo de cometer asasinato, influídas pola súa orixe xudía e do antisemitismo existente e a falta doutras probas. Sería levado a xuízo e condenado a catro anos de cárcere e de non ser pola presión dun destacado grupo de intelectuais, entre os que se atopaban Sigmund Freud, Thomas Mann e Albert Einstein, pasase entre reixas máis tempo dos dous anos que de seu estivo. Despois instalouse en París onde traballou como fotógrafo de moda independente e colaborou na revista Vogue. En 1940, comezada a segunda guerra mundial e ante a inminente chegada do exército alemán marchou aos Estados Unidos con axuda de Albert Einstein, onde alcanzaría fama mundial, chegando a realizar máis de cen portadas para a revista Life.[1] En 1947 obtivo a nacionalidade estadounidense.[2]
Notas
Véxase tamén