Paulo Futre

Modelo:BiografíaPaulo Futre

(1992) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Paulo Jorge dos Santos Futre Editar o valor en Wikidata
28 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Montijo, Portugal Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Reggina 1914
1983–1984   Sporting CP 21(3)
1984–1987   FC Porto 81(25)
1987–1993   Atlético de Madrid 163(38)
1993–1993 Sport Lisboa e Benfica 11(3)
1993–1993 Olympique de Marsella 8(2)
1994–1994 Olympique de Marsella
1994–1995 Associazione Calcio Reggiana 1919
1995–1996   A.C. Milan 1(0)
1996–1997 West Ham United FC 9(0)
1997–1998   Atlético de Madrid 10(0)
1998–1998 Yokohama Flügels 13(3)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1995   Portugal 41(6)
Participou en
1986Mundial de Fútbol México 1986 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1322848 Twitter: PauloFutre FIFA: 159948 UEFA: 1985 Editar o valor en Wikidata

Paulo Jorge dos Santos Futre, nado en Montijo o 28 de febreiro de 1966, é un exfutbolista portugués que xogaba principalmente como extremo esquerdo.

Comezou a súa carreira no Sporting, fichando aos 18 anos polo Porto, co que gañou dúas ligas portuguesas e a Copa de Europa 1986/87. A continuación militou en clubs de varios países de Europa, destacando especialmente no Atlético de Madrid, co que xogou durante sete tempadas, do que foi capitán, e co que gañou dúas Copas do Rei. Pechou a súa carreira en 1998 no Xapón, xogando coa camiseta do Yokohama Flügels.

Foi 41 veces internacional coa selección portuguesa, coa que debutou aos 17 anos, e participou con esta no Mundial de 1986.

A revista World Soccer incluíuno na súa lista dos 100 mellores futbolistas do século XX.[1]

Traxectoria

Inicios en Portugal

Nacido en Montijo, no distrito de Setúbal, aos 9 anos ingresou nas categorías inferiores do Sporting CP, debutando co primeiro equipo aos 17, nun partido de liga diante do Penafiel. Un ano despois solicitou un aumento de soldo ao presidente João Rocha e tras ser rexeitado abandonou o club e fichou polo Porto.[2]

Militou no club do Porto durante os seguintes tres anos, gañando dúas veces a Primeira Liga e contribuíndo na conquista da Copa de Europa 1986/87. Marcou un dos goles nas semifinais contra o Dynamo de Kíiv de Lobanovskyi e tivo unha destacada actuación na final contra o Bayern de Múnic no Praterstadion de Viena, onde o seu equipo gañou por 2-1.[3]

Atlético de Madrid

Trala vitoria continental foi traspasado ao Atlético de Madrid e ese mesmo ano quedou segundo nas votacións ao Balón de Ouro, superado só polo neerlandés Ruud Gullit.[4] No club da capital española converteuse nun dos xogadores máis carismáticos e admirados polos seareiros, a pesar das continuas lesións de xeonllo que afectaron toda a súa carreira deportiva.[5]

Capitaneou o equipo na conquista das Copas do Rei de 1990/91 e 1991/92, marcando un dos goles da final na segunda delas, contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu. Na tempada 1991/92 marcou un total de 16 goles e deu numerosas asistencias ao dianteiro Manolo, que con 27 tantos gañou o Trofeo Pichichi.[6][7]

Benfica

En xaneiro de 1993 decidiu deixar o Atlético, motivado polas críticas recibidas por parte do seu adestrador, Luis Aragonés. Regresou entón ao seu país e fichou polo Benfica, o último dos tres grandes clubs portugueses no que aínda non xogara. Militou só uns meses no equipo, co que gañou a Copa de Portugal, marcando dous goles na final contra o Boavista FC.[8][9]

Olympique de Marsella

A continuación asinou un contrato dunha tempada co Olympique de Marsella, onde coincidiu co seu compatriota Rui Barros.[10][11] Con todo, as lesións e a competencia de Dragan Stojković na súa posición limitaron a súa participación a só oito partidos e dous goles.[12][13]

Reggiana

En novembro de 1993 deixou o club francés e trasladouse a Italia, asinando contrato coa Reggiana, club que viña de ascender á máxima categoría do fútbol italiano despois de 65 anos fóra dela. No seu debut, o 21 de novembro, marcou o primeiro gol na vitoria por 2-0 sobre o Cremonese, a primeira vitoria para o equipo de Reggio Emilia na historia da Serie A. Con todo, uns minutos despois sufriu unha grave lesión tras unha entrada de Alessandro Pedroni, que o mantivo lonxe dos terreos de xogo durante todo o que restaba de tempada.[10][11]

Na campaña seguinte, disputou só 14 partidos, nos que marcou catro goles, insuficientes para salvar a Reggiana do descenso.[10][11]

Milan

En 1995 pasou ao Milan, adestrado por Fabio Capello, co que disputou un só partido. Foi na derradeira xornada de liga, xogando de titular na vitoria por 7-1 sobre o Cremonese en San Siro, coa que o equipo milanés celebrou a conquista do título de liga.[10][11]

West Ham e Yokohama

Na tempada 1996/97 militou no West Ham, da Premier League,[14] antes de regresar ao Atlético de Madrid na 1997/98, na que apenas tivo participación no equipo de Radomir Antić. Puxo fin á súa carreira no Yokohama Flügels, da J1 League do Xapón en 1998.

Trala retirada

Trala súa retirada traballou como director deportivo do Atlético de Madrid, posto que ocupou entre os anos 2000 e 2003.[15] Posteriormente exerceu como promotor inmobiliario na súa cidade natal.[16] En maio de 2011 formou parte da candidatura de José Eugénio Dias Ferreira á presidencia do Sporting, sen conseguir a vitoria.[17]

Selección nacional

Foi 41 veces internacional coa selección portuguesa, coa que marcou seis goles. Debutou nun partido contra Finlandia correspondente á clasificación para a Eurocopa de 1984 con só 17 anos e 204 días, converténdose no terceiro futbolista máis novo en vestir a camiseta do combinado nacional portugués, superado só por José Gralha e João dos Santos, que xogaran con 16 anos na década de 1920.

Foi convocado por José Torres para o Mundial de 1986 en México, onde xogou como substituto de Fernando Gomes nos dous primeiros partidos ante Inglaterra e Polonia, e como titular na derrota por 1-3 ante Marrocos que supuxo eliminación do equipo portugués na primeira fase.

Estatísticas

Clubs

Club Tempada Liga Copas Nacionais Copa da Liga Europa Outras Total
División Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Sporting CP 1983–84 Primeira Divisão 21 3 5 0 3 0 29 3
Porto 1984–85 Primeira Divisão 30 6 7 2 2 1 4 1 43 10
1985–86 Primeira Divisão 26 7 4 1 3 0 2 0 35 8
1986–87 Primeira Divisão 25 10 4 1 9 2 2 2 40 15
Total 81 23 15 4 14 3 8 3 118 33
Atlético de Madrid 1987–88 Primeira División 35 8 4 1 39 9
1988–89 Primeira División 28 5 7 0 2 1 37 6
1989–90 Primeira División 27 10 2 0 2 0 31 10
1990–91 Primeira División 26 3 6 1 2 0 34 4
1991–92 Primeira División 31 6 6 5 6 5 0 0 43 16
1992–93 Primeira División 16 6 0 0 3 1 2 0 21 7
Total 163 38 25 7 15 7 2 0 205 52
Benfica 1992–93 Primeira Divisão 11 3 2 2 0 0 13 5
Olympique de Marsella 1993–94 Ligue 1 8 2 0 0 0 0 8 2
Reggiana 1993–94 Serie A 1 1 0 0 1 1
1994–95 Serie A 12 4 1 0 13 4
Total 13 5 1 0 14 5
Milan 1995–96 Serie A 1 0 0 0 0 0 1 0
West Ham 1996–97 Premier League 9 0 0 0 0 0 9 0
Atlético de Madrid 1997–98 Primeira División 10 0 0 0 0 0 10 0
Yokohama Flügels 1998 J.League 13 3 0 0 3 0 16 3
Total 330 77 48 12 3 0 32 10 10 3 423 103

Internacional

Portugal
Ano Partidos Goles
1983 1 0
1984 4 0
1985 4 1
1986 4 0
1987 2 0
1988 1 0
1989 4 1
1990 1 0
1991 8 2
1992 3 0
1993 8 2
1994 0 0
1995 1 0
Total 41 6

Palmarés

Porto
Atlético de Madrid
Milan
Individual

Notas

  1. "England Football Online". englandfootballonline.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  2. "Futre. "Eles disseram-me que estava louco e fui para o Porto"" (en portugués). 1 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  3. "1986/87: Madjer inspires Porto triumph". UEFA (en inglés). 27 de maio de 1987. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  4. "1987 - RUUD GULLIT - SUR LE TRÔNE DE JOHAN". France Football (en francés). Arquivado dende o orixinal o 4 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  5. Coelho, João Nuno; Pinheiro, Francisco (2002). A Paixão do Povo (en portugués). Edições Afrontamento. p. 587. ISBN 972-36-0624-0. 
  6. "El gol del Atlético". As (en castelán). 22 de abril de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  7. "Real Madrid-Atlético, seis finales y 4-2 para los rojiblancos". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de abril de 2014. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  8. Malheiro, João (2006). Memorial Benfica 100 Glórias (en portugués). QuidNovi. p. 110. ISBN 978-972-8998-26-4. 
  9. Cruz Martins, André (28 de abril de 2016). "Entre o prestígio e o orgulho ou entregar o título ao Benfica" (en portugués). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Futre Paulo Jeorge dos Santos: le meteore del calcio italiano" (en italiano). 16 de abril de 2012. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Chiavacci, Andrea (6 de abril de 2015). "Paulo Futre, la prima volta e la sud esplode, ma è questione di un attimo" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2019. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  12. "Paulo Futre, dal Pallone d'Oro sfiorato all'infortunio che gli spezzò la carriera" (en italiano). 28 de febreiro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  13. "L’eterna attesa di Paulo Futre" (en italiano). 27 de xullo de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  14. "Harry leaves his legacy". BBC (en inglés). 9 de maio de 2001. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  15. "Futre to leave Atlético". UEFA (en inglés). 7 de marzo de 2003. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  16. "Futre: “Já era embaixador do Atlético. Estava sentado, almoçado, a fumar e o Antíc diz-me para me equipar. Fiz dois golos em 20 minutos”" (en portugués). 20 de agosto de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  17. "Dias Ferreira: «O que mais cansou foi aturar Futre»" (en portugués). 26 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!