O Ernst Happel Stadion é un estadio de fútbol localizado en Viena, Austria. É o maior estadio do país, con capacidade para 53.295 afeccionados sentados.
Inaugurado en 1931 co nome de Praterstadion, é a casa da Selección de fútbol de Austria e dos principais clubs do país en competicións europeas, o FK Austria de Viena e o Rapid Viena.
Aínda que non contaba cunha capacidade superior ás 50.000 persoas ata a Eurocopa de fútbol 2008, xa era considerado un Estádio 5 Estrelas pola UEFA.
Este estadio xa foi a sede de catro finais da Liga de Campións da UEFA nos anos 1964, 1987, 1990 e 1995 e será a sede da final da Eurocopa de fútbol 2008.
O nome do estadio é en homenaxe ó xogador e técnico austríaco Ernst Happel, zagueiro de Austria nos Mundiais de 1954 e 1958 e técnico dos Países Baixos no Mundial de 1978.
Encontros do Grupo B
Cuartos de final
Semifinal
Final
Véxase tamén
Ligazóns externas