Paulo Freire

Modelo:BiografíaPaulo Freire

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Recife, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte2 de maio de 1997 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Secretário municipal de São Paulo (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade Federal de Pernambuco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e pedagoxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xenebra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestre, filósofo, pedagogo, avogado, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Paulo
Universidade de Xenebra
Universidade Estadual de Campinas (pt) Traducir
Universidade de Oldenburgo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Freiré, Paulo (1921-1997), p.525-527)
Obálky knih,
Pedagogues and Psychologists of the World (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpedagogyoftheoppressed.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX882598 Discogs: 4730149 WikiTree: Freire-69 Editar o valor en Wikidata

Paulo Reglus Neves Freire, nado en Recife (Pernambuco) o 19 de setembro de 1921 e finado en São Paulo o 2 de maio de 1997, foi un pedagogo e filósofo brasileiro. Defendeu o principio do diálogo como relación entre profesorado e alumnado. As súas ideas influenciaron e seguen a influenciar procesos democráticos en todo o mundo.

Traxectoria

En 1947 foi nomeado director do Departamento de Educación e Cultura do Servizo Social da Industria. Estudou Letras e doutorouse en 1959 en Filosofía e Historia da Educación coa tese Educação e atualidade brasileira, na que se asentan as bases do seu método, segundo o cal todo proceso educativo debe partir da realidade que rodea a cada individuo. Nos anos 50, pertenceu ó primeiro Consello Estatal de Educación de Pernambuco. En 1961, foi nomeado director do Departamento de Extensión Cultural da Universidade de Recife. En 1963 puxo en práctica a súa primeira experiencia educativa de grupo, dentro da Campaña Nacional de Alfabetización, conseguindo a alfabetización de 300 traballadores rurais en mes e medio.

Como consecuencia do golpe militar de 1964, tivo que abandonar a súa actividade, cualificada de subversiva, e refuxiouse en Chile, onde participou en diversos plans do goberno democristiano de Eduardo Frei, coma o programa de educación de adultos do Instituto Chileno para a Reforma Agraria (ICIRA). En Chile escribe Pedagogía del oprimido, cuxo contido desagrada ó goberno de Santiago. Profesor da Universidade Harvard, colaborou cos grupos adicados á reforma educativa nos ámbitos rurais e urbanos. En 1970 trasladouse a Genève (Suíza), onde traballou nos programas de educación do Consello Mundial das Igrexas. Despois de dezaseis anos de exilio, en 1980 retornou a Brasil, onde se dedicou á docencia na Universidade Estatal de Campinas e na Pontificia Universidade Católica de São Paulo, cidade esta última da que foi Secretario de Educación. En 1986, recibiu o premio internacional "Paz e Educación" da UNESCO. Foi investido doutor honoris causa por vinte universidades de todo o mundo.

Obra

A relación entre alfabetización, lectura, escritura, poder, linguaxe, comunicación –e os propios instrumentos desta: os medios–, están presentes no pensamento do autor e constitúense en eixes, a partir dos cales se pensa a práctica educativa. Esta práctica ten como finalidade axudar ó home e á muller a desenvolver unha consciencia crítico-reflexiva, que lles permita evitar ou liberarse da manipulación que os suxeita a situacións que non lles favorecen.

Paulo Freire, 1963.

O contexto socioeducativo actual está fortemente atravesado polos medios telemáticos e os sistemas de información das grandes corporacións, ademais do proceso de innovación educativa que abriron un debate polémico na súa relación. Esta situación, polo xeral, non foi favorable no desempeño dos educadores de América Latina.

Paulo Freire nunca desprezou a cultura dos medios e incluso considerou que na acción cotiá do educador non pode dispensarse o uso de sofisticados elementos de comunicación. Defendía que as competencias do educador son as de lectura e escritura, pero tamén o saber como afrontar os feitos cotiáns, conxuntándoos a través da comunicación humana, sexa esta por medio da escritura ou de redes telemáticas. Proponse traballar a favor dunha alfabetización conceptual e política, nunha relación dialéctica que posibilite desvelar, desarmar e recrear feitos de lectura e escritura complexos.

Paulo Freire, ó entender a educación como un acto político, foi claro ante o uso da informática na escola e as competencias do profesor. Defendía de forma radical a necesidade de persoas que, amais de apropiarse dos saberes científico-tecnolóxicos, estean preparadas para mirar con estrañeza o coñecemento cotián, facendo estraño o obvio, cavando, creando, construíndo e producindo a favor da democracia. Na pedagoxía de Freire as técnicas e instrumentos de comunicación non son privilexio do home, considerando tanto ó home como á muller cos mesmos dereitos e posibilidades; o que destaca outra característica da educación de Freire: a educación como posibilidade.

Esta proposta pedagóxica supera os límites do ámbito escolar, cando actúa en diversos espazos públicos de educación nos que se produce coñecemento. O educador da escola pública móvese, cada vez máis, en espazos amplificados de educación, asume traballos con grupos diversos, organízase como traballador, manexa múltiples linguaxes (pasando á materno á audiovisual e informática). Recoñecer a súa proposta de educación como alternativa viable, en relación coa incorporación da informática na acción educativa propia, é unha oportunidade de reconstruír unha práctica estancada, por moito tempo, dende o poder dalgúns sectores sociais.

Defendeu un programa de educación continuada do profesorado, tendo como eixo a apropiación dos avances científicos do coñecemento humano que contribúan para a calidade da escola desexada. Innovar non é crear do nada, senón ter a sabedoría de revisar o vello e reinventar o mundo. Reler a práctica educativa para pensar a informática na escola, é coherente co soño de facer unha escola cun alto grado de eficacia social. É, dende esta perspectiva, que se dá a posibilidade de traballar a produción do coñecemento, da lectura e a escritura nas redes computacionais. Internet, non como finalidade en si mesmo, pero si como elemento activo para a solidariedade humana.

Obras

  • Pedagoxía do oprimido (1997).

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!