Paul van Dyk

Modelo:BiografíaPaul van Dyk

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Matthias Paul Editar o valor en Wikidata
16 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Eisenhüttenstadt (República Democrática Alemá) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPaul van Dyk Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDJ de club, disc-jóckey, produtor musical, compositor, locutor de radio, compositor de bandas sonoras Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Democrático Liberal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTrance, trance psicadélico (pt) Traducir, vocal trance (pt) Traducir, house progresivo, electro house, uplifting trance (pt) Traducir, Tech trance (pt) Traducir e Trance progressivo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoTeclado electrónico, DJ mixer (en) Traducir e sintetizador Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVandit Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpaulvandyk.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1364729 Allmovie: p481727
Facebook: PVD Twitter: PAULVANDYK Instagram: paulvandyk MySpace: paulvandyk Youtube: UCodQo76JWa75exuuEpucVeA TikTok: paulvandyk BNE: XX1552238 Souncloud: paulvandykofficial Spotify: 7wU1naftD3lNq7rNsiDvOR iTunes: 6505474 Musicbrainz: 092ca127-2e07-4cbd-9cba-e412b4ddddd9 Songkick: 198526 Discogs: 1049 Allmusic: mn0000752945 Deezer: 4730 Editar o valor en Wikidata

Matthias Paul, coñecido artisticamente como Paul van Dyk ou PvD, nado en Eisenhüttenstadt o 16 de decembro de 1971, é un dj de música trance e produtor, elixido mellor dj do mundo pola revista DJmag en 2005 e 2006.

Traxectoria

Comezou a súa carreira musical en 1991 no club berlinés Turbine. Cando van Dyk naceu, Eisenhüttenstadt atopábase na República Democrática Alemá polo cal tivo que valerse do contrabando de casetes de música que proviñan do estranxeiro para poder escoitar a música daquela época. Foi entón cando Paul comezou a facer mesturas de cancións para os seus amigos. Cando caeu o Muro de Berlín Paul puido florecer coma músico. Iniciouse en Turbine. Foi nesa discoteca onde un amigo lle sugiriu que seguira mesturando despois de oír algunhas das súas mesturas en casete, e foi así coma comezou a súa carreira.

A súa primeira produción foi unha colaboración con Cosmic Baby (usando o alcume Visions of Shiva) que foi lanzada en 1992. O seguinte ano, Paul puido obter un pouco de recoñecemento, mentres traballaba na lendaria discoteca, E-Werk en Berlín, polo seu remix de "Love Stimulation" do artista Humate. Paul lanzou o seu primeiro álbum en 1994, titulado 45 RPM.

No 1997 Paul xa obtivera bastante fama como Disc Jockey e grazas ao seu segundo álbum, Seven Ways, puido establecerse coma un pioneiro do xénero trance. Seven Ways foi o primeiro éxito que tivo PvD no Reino Unido grazas ós sinxelos "Forbidden Fruit", "Seven Ways" e "Words" xa que estas cancións chegaron a escoitarse nas discotecas británicas máis grandes durante o fenómeno do superclub na devandita nación. Nesta época PvD comentou: "Cando descubriron que eu era alemán, xa era demasiado tarde!" No 1998 45RPM saíu á venda no Reino Unido e alcanzou o primeiro lugar en vendas. Van Dyk produciu o remix de "For an Angel" titulado "1998 E-Werk remix" para celebrar a popularidade de 45RPM e en honor á discoteca que xa para ese entón pechara as súas portas. "For An Angel" é amplamente considerada como unha das primeiras cancións trance épicas e capturou a esencia do xénero emerxente, o trance melódico. A canción tamén foi considerada como a segunda mellor canción de música electrónica do pasado milenio.

Grazas á fama de "For An Angel", Paul chegou a ser o DJ residente da discoteca Gatecrasher Club (parte da franquía Sheffield). Nunha declaración que sorprendeu a moitos, Paul declarou o seu total rexeitamento ás drogas e aínda que algúns esperaban que isto o apartara dos seus fans, dita movida causou que varios clientes regulares de Gatecrasher comezaran a poñerse camisas co logo "No Pills, Pure PvD" (Pílulas Non, PvD Puro). No 1999 (mesmo ano no que naceron as camisas) formouse a discográfica Vandit Records na cal Paul van Dyk puido obter unha maioría de accións e tamén nese ano lanzouse o álbum Vorsprung Dyk Technik: The Remix Collection o cal vendeu máis de 60.000 copias no Reino Unido.

PvD lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Out There and Back no cal incluíu o sinxelo "Tell Me Why (The Riddle)", no cal colaborou con Saint Etienne. No 2001 van Dyk lanzou o álbum The Politics of Dancing e despois dunha larga xira no 2003 lanzou o DVD Global. Ese mesmo ano, Paul produciu o seu álbum Reflections (inspirado nas súas viaxes por África) no cal destacou unha colaboración con Hemstock & Jennings titulada "Nothing but You". No 2005 saíu á venda o máis recente álbum de van Dyk, The Politics of Dancing 2, e tamén lanzou o sinxelo titulado "The Other Side".

O ábum In Between foi lanzado o 14 de agosto de 2007.

Recoñecemento

Paul van Dyk converteuse nun DJ de fama internacional, demandado desde Hong Kong ata Os Ánxeles. Paul involucrase a miúdo na política aproveitando a súa popularidade. Foi un dos primeiros DJs que formaron parte da campaña "America Rocks the Vote" no 2004 e foi visto levando unha camiseta coa frase "Stop the War".

Actualmente Paul utiliza dous Mac PowerBook (ordenadores portátiles), para os seus éspectaculos en vivo; os devanditos portátiles utilizan o software Serato Scratch e Ableton Live. Este método deulle a capacidade de crear mesturas no momento da actuación, no canto de levalas gravadas.

Nunha enquisa realizada no 2005 pola revista DJmag, Paul van Dyk obtivo o título de DJ #1 do mundo o cal rematou co reinado de tres anos consecutivos de DJ Tiësto. Novamente no 2006 continuou sendo o DJ que encabezaba a lista de dita revista, elixido por maioría de votos provenientes de 229 países de todo o mundo.

Paul van Dyk ten un programa de radio semanal na emisora alemá Fritz, emitido os mércores de 20:00 a 22:00 (CET).

Premios

  • 1999 DJ Mag Mellor Produtor
  • 1999 Mellor DJ Internacional
  • 1999 Home do Ano (Mixmag)
  • 2003 Mellor European DJ (Trance Awards)
  • 2004 Mellor Internacional DJ and Produtor (America’s Favorite DJ Awards)
  • 2004 Mellor Internacional DJ (Dancestar Awards)
  • 2004 Mellor Evento de Música Electrónica (Dancestar Awards)
  • 2004 Mellor Comercial 'Motorola' (Dancestar Awards)
  • 2004 Oscar Mellor Soundtrack Película 'Zurdo' (Oscares Mexico)
  • 2005 Mellor Produtor (Trance Awards)
  • 2005 Mellor Global DJ (Trance Awards)
  • 2005 Mellor Progressive House/Trance track 'Nothing But You' (Trance Awards)
  • 2005 No 1 DJ do Mundo (Top 100 DJ Poll - DJ Mag)
  • 2006 Mellor Global DJ (Trance Awards)
  • 2006 Mellor Produtor (Trance Awards)
  • 2006 Mellor CD Mix Compilation 'The Politics Of Dancing 2' (Trance Awards)
  • 2006 Mellor HI NRG/ Euro track 'The Other Side' (Trance Awards)
  • 2006 No 1 DJ do Mundo (Top 100 DJ Poll - DJ Mag)
  • 2007 Mellor Ortofon European DJ (Trance Awards)

Discografía

Álbums

  • 45 RPM (1994)
  • Seven Ways (1997)
  • Out There And Back (2000)
  • The Politics Of Dancing (2001)
  • Zurdo (BSO, 2002)
  • Reflections (2003)
  • The Remixes 94 - 04 (South African Release CD-Album) (2004)
  • Re-Reflections (2004)
  • The Politics Of Dancing 2 (2005)
  • In Between (2007)

Sinxelos

  • "Pumpin" (1994)
  • "The Green Valley" (1994)
  • "You Like That?!" (como DFM, 1995)
  • "Emergency" (The Remixes, 1995)
  • "Beautiful Place" (1996)
  • "Forbidden Fruit" (1997)
  • "Words" (1997)
  • "For An Angel" (1998)
  • "Another Way" (1999)
  • "Namistai" (con BT, 1999)
  • "Tell Me Why (The Riddle)" (1999)
  • "Lovin' U" (como DFM, 2000)
  • "We Are Alive" (2000)
  • "Animación" (2002)
  • "How We Used to Live" (con Saint Etienne, 2003)
  • "Nothing But You" (2003)
  • "Time Of Our Lives" (2003)
  • "Buenaventura" (2003)
  • "Crush" (2004)
  • "Wir Sind Wir" (con Peter Heppner, 2004)
  • "The Other Side" (con Wayne Jackson, 2005)
  • "White Lies" (con Jessica Sutta, 2007)

Coproducións

  • The Visions Of Shiva (Cosmic Baby, 1992)
    • "Perfect Day"
    • "How Much Can You Take?" (1993)

DVD

  • Global (2003)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!