O Partido da Esquerda Europea (PEE) é un partido político de ámbito europeo que agrupa no seu seo a unha gran parte dos partidos comunistas e anticapitalistas europeos.
Xurdido a partir do grupo parlamentario do Parlamento Europeo GUE-NGL (Esquerda Unitaria Europea, Esquerda Verde Nórdica) a maioría dos seus membros, fan un chamamento á fundación dun gran partido político europeo, que leve ás institucións europeas as políticas sociais e antineoliberais dos distintos partidos.
Impulsado principalmente polos españois PCE e italianos Partido da Refundación Comunista (PRC), destacan as ausencias do Partido Comunista Portugués (PCP), Partido Comunista Grego (KKE) e o irlandés Sinn Fein que si son membros do grupo parlamentario GUE-NGL.