O Partido Galeguista de Pontevedra foi un partido galego constituído o 1 de xuño de 1931 na cidade de Pontevedra.
Asistiron á súa xuntanza fundacional Castelao, Antonio Iglesias Vilarelle, Alexandre Bóveda, Pedro Basanta, Enrique Iglesias Rodríguez, Xaime Alfonsín Castrelos, Xavier e Francisco Gastañaduy Ozores, Eduardo Alexandro Ferrín, Jacobo Barral Otero, Xosé C. González, Sergio Sánchez Puga, Carlos García Cabezas, Luís Pintos Fonseca, Xosé Lino Sánchez, Xosé María Álvarez Gallego, Xosé Martínez Tíscar e Xoán Vidal Martínez.
A súa denominación primeira foi Grupo Nacionalista Galego de Pontevedra e formaban o seu Consello Executivo:
Para as eleccións constituíntes do 28 de xuño apoiou a denominada Candidatura Galeguista conseguindo Castelao acta de deputado.[2]
Ao ano seguinte, decídese trocar o nome de Nacionalista Galego polo de Galeguista, e así se integraron máis tarde no Partido Galeguista.