O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.
O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.
Historia
É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]
Turismo
Táboa de visitantes entre 1996 e 2011
1996 |
1997 |
1998 |
1999 |
2000 |
2001 |
2002 |
2003 |
2004 |
2005 |
2006 |
2007 |
2008 |
2009 |
2010 |
2011
|
624 510 |
601 500 |
603 004 |
624 263 |
635 876 |
657 045 |
622 014 |
619 700 |
582 800 |
592 100 |
616 700 |
617 950 |
616 600 |
617 500 |
614 059 |
621 500
|
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4]
|
Galería de imaxes
-
Ordesa e Monte Perdido.
-
Formacións rochosas.
-
Fervenza.
-
Paisaxe de inverno.
-
Flora típica.
-
Regato.
-
Fervenza.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas