Palacio de Velázquez

Palacio de Velázquez
Palacio de Velázquez
Coordenadas40°24′55″N 3°40′55″O / 40.415189, -3.681989
editar datos en Wikidata ]

O Palacio de Velázquez atópase situado no Parque do Retiro de Madrid (España). Foi construído entre os anos 1881 e 1883 con motivo da celebración da Exposición Nacional de Minería levada a cabo na cidade entre os meses de maio e novembro de 1883. O arquitecto Ricardo Velázquez Bosco, de quen toma o nome o palacio, dirixiu o proxecto entre os que participaron Alberto de Palacio, enxeñeiro, e Daniel Zuloaga, ceramista.

Características

Entrada principal do Palacio de Velázquez. Foto Paolo Monti.

Trátase dun edificio cuberto con bóvedas de ferro acompañadas de cristal que permiten iluminar as salas naturalmente, e está inspirado no Crystal Palace de Londres. Cunhas dimensións de 73,80 por 28,75 metros foi construído en ladrillos de dous tons, así como con azulexos da Real Fábrica da Moncloa.

O edificio foi concibido para que unha vez finalizada a exposición de 1883, puidese albergar outra actividade no canto de derribalo. En 1887 foi aproveitado para a Exposición de Filipinas que se celebrou no Retiro, e unha vez finalizada a exposición, ese mesmo ano, o goberno destinouno a Museo de Ultramar. Actualmente pertence ao Ministerio de Cultura, e atópase dedicado a sala de exposicións temporais do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.

En 2005 pechouse para acometer obras de restauración e conservación. En 2010 reabriu as súas portas cunha exposición dedicada a Antoni Miralda.[1]

Notas

  1. Díaz de Tuesta, M. José (24 de xuño de 2010). El País, ed. "El cristal del palacio vuelve a lucir". Consultado o 24 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!