Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Onde o mundo se chama Celanova

Onde o mundo se chama Celanova
A sinatura do autor aparece na cuberta da edición da Biblioteca das Letras Galegas.
Título orixinalOnde o mundo se chama Celanova
Autor/aCelso Emilio Ferreiro
Lingualingua galega
Xénero(s)poesía
Data de pub.1975
Premios
Na rede
BNE: XX3672684
editar datos en Wikidata ]

Onde o mundo se chama Celanova é un libro de poemas publicado por Celso Emilio Ferreiro en 1975. Trátase do libro máis intimista da lírica ferreirá, e ten como núcleo temático fundamental a evocación da infancia e da adolescencia, se ben tamén é de salientar o conxunto de quince poemas finais, titulados en conxunto Moraima:Diario de a bordo, no que o autor desenvolve a súa lírica amorosa. O libro foi incluído na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.

Temática e estrutura

O núcleo emotivo do libro, o impulso que o puxo en marcha, foi a saudade da terra evocada dende Venezuela. Esta temática é particularmente relevante nos trece primeiros poemas, nos que a lembranza da nenez e a adolescencia constitúen unha constante exclusiva.

Os seguintes 21 poemas teñen un carácter máis heteroxéneo, onde as saudades anteriores se combinan co Celso Emilio máis crítico: declaracións de principios ideolóxicos, sátiras contra o poder, o diñeiro, a vida burguesa.

Por último, as quince composicións de Moraima:Diario de a bordo abre un abano de inflexións temáticas a partir do núcleo que representa o diálogo de amor coa esposa como receptora da gratitude e confidencias do poeta.

Recoñecementos

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya