Omar Rodríguez-López

Modelo:BiografíaOmar Rodríguez-López

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Omar Alfredo Rodríguez-López Editar o valor en Wikidata
1 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Bayamón, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCoronado High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, compositor de cancións, guitarrista, músico de jazz, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock progresivo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoStones Throw Records Editar o valor en Wikidata

Sitio webmyspace.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2495959 Allocine: 113747 Allmovie: p711645
Facebook: rodriguezlopezproductions Twitter: orlproductions MySpace: omarrodriguezlopezquintet BNE: XX4934011 Spotify: 1BMB2m0GtHuLbr72kJIurt Last fm: Omar+Rodriguez Musicbrainz: 71297544-fd63-4c1f-8bac-5838ca201e3d Songkick: 604488 Discogs: 274511 Allmusic: mn0000540898 Editar o valor en Wikidata

Omar Alfredo Rodríguez-López, nado o 1 de setembro de 1975 en Bayamón, Porto Rico, é un multi-instrumentista, compositor, produtor, escritor, actor e director estadounidense. É o compositor, produtor e guitarrista da banda de rock progresivo The Mars Volta, o guitarrista da banda de rock alternativo Bosnian Rainbows, e foi baixista do grupo De Facto e o guitarrista de At the Drive-In.

Biografía

Omar Rodriguez naceu en Porto Rico e medrou en El Paso, Texas, pero pasou parte dos seus primeiros anos en Carolina do Sur. Comezou a tocar o baixo aos 12 anos, pero con 15 cambiouse á guitarra. Nese tempo coñeceu ao seu amigo Cedric Bixler, mentres practicaba con Paul Hinojos. Dende entón Omar pasou a meirande parte da súa carreira vivindo e traballando con Cedric. Durante ese tempo colaborou frecuentemente cos seus amigos e futuros compañeiros de banda de El Paso, entre os que estaban Paul Hinojos, Cedric Bixler-Zavala, Julio Venegas e Jeremy Michael Ward.

Omar uniuse a At the Drive-In como baixista e facendo as segundas voces. Antes de asinar un contrato coa Flipside para gravar Acrobatic Tenement coa banda, el era o encargado do baixo, pero despois cambiou á guitarra. Mentres empezaba con At the Drive-In, tivo traballos como vendedor, secretario e incluso se sacaba algúns cartos trapicheando con drogas.

Omar comezou a súa carreira musical aos 15 anos cando se converteu no cantante da banda hardcore de El Paso, Startled Calf, de 1990 a 1992. Rodríguez-López pasou moito tempo da súa carreira traballando, e a miúdo vivindo. co seu bo amigo Cedric Bixler-Zavala. Mentres aínda tocaban en At the Drive-In, eles formaron un proxecto de dub reggae chamado DeFacto. En 2001 ambos deixaron At the Drive-In, da cal formaban parte dende 1993, nun hiato indefinido para formar The Mars Volta.

O estilo de compoñer e tocar de Rodríguez-López está caracterizado por, á parte doutros factores, disonancias irresoltas (en particular un grande uso do tritono), pasaxes cromáticas e longas improvisacións. É tamén coñecido polo seu gran número de pedais de efectos. Rodríguez-López di ser un ignorante a teoría da música.

O estilo de Rodríguez-López foi moitas veces comparado ao do guitarrista de King Crimson Robert Fripp (que tamén usa tritonos abundantemente). É coñecido que Fripp foi unha imfluencia importante para el. Porén, Rodriguez citou ao pianista de salsa Larry Harlow como a súa principal influencia. Rodriguez cita ao comediante Lenny Bruce, o director de cine Werner Herzog e ao antropologo Carlos Castaneda como outras tres importantes influencias.

Omar Rodriguez-Lopez Quintet

O "Omar Rodriguez-Lopez Quintet" é un proxecto paralelo de Rodríguez-López. Tomando algún tempo libre do seu traballo con The Mars Volta, Rodríguez-López toca en directo con este quinteto, que en 2005 incluíu a tres membros de The Mars Volta: Juan Alderete, Marcel Rodríguez-López e Adrian Terrazas-Gonzales. O álbum auto-tilulado que editaron en 2005 foi gravado case todo en Ámsterdam. O álbum, Omar Rodriguez, está composto por longas e improvisadas cancións con títulos en neerlandés e sen letras.

Despois de rematar o álbum de The Mars Volta Amputechture do 2006, Rodríguez-López colaborou con Damo Suzuki nun EP titulado Please Heat This Eventually. A colaboración inclúe a membros do seu quinteto. f Omar's Quintet. O selo de Omar Gold Standard Labs editou unha edición especial en vinilo en decembro do 2006 e a versión en CD editouse o 23 de xaneiro de 2007.

Discografía

En solitario/Omar Rodriguez-Lopez Quintet

Con Startled Calf

Colaboracións


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!