O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 111 habitantes (49 homes e 62 mulleres).
Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.
A maior parte da poboación dedícase ó sector primario, pero tamén hai xente empregada no próximo polígono industrial do Campiño. Tamén hai algunha pequena empresa.
No corazón da aldea está a igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns, do século XVIII, co cemiterio anexo. Ao lado dela, na antiga casa reitoral, está a escola pública unitaria de educación infantil. Hai tamén un pequeno parque.
A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro
Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)