Santo André de Anceu é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 163 habitantes (84 homes e 79 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 245 habitantes.
Patrimonio
Igrexa Parroquial de Santo André.
Calvario do Lugar dos Cruceiros.
A capela da Guadalupe é un templo barroco. Ten planta rectangular con tellado a dúas augas, coas esquinas rematadas con pináculos. A fachada ten unha porta adintelada e ten dos óculos laterais. Conta tamén cunha pequena espadana proporcional o campanario.
No arco esquerdo do interior depositouse a patroa, a Virxe de Guadalupe, tallada nunha soa peza, baixo a arcada que antes estaba no altar. Na metade da nave encóntrase outra arcada que leva a imaxe da Nosa Señora das Dores.
Na entrada da capela encóntrase un cruceiro que data no 1771-76. O seu pedestal é case cúbico e a columna de sección cadrada pasando a octogonal. A cruz é de sección cadrada con capitel corintio. Sobre o capitel ten unha columna cunha imaxe de Cristo e da Virxe.
A uns vinte metros encóntrase un peto de ánimas. O estilo artístico, de cantería defínese como popular.