San Martiño do Castro de Soengas é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 135 habitantes, deles 71 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3]
En 1974, canda a parroquia de Soengas, solicitou a súa incorporación ao concello de Taboada, argumentando unha maior relación histórica e socioeconómica e os mellores servizos con que contaría, pero non chegou a producirse.[4]
O Castro | A Covadela | O Cruceiro | A Fonte Grande | Grumélez | A Pedra
Bagude (San Bartolomeu) | Caborrecelle (San Xulián) | O Castro de Soengas (San Martiño) | Castromaior (Santa María) | Cortapezas (Santa María) | Fiz de Rozas (San Lourenzo) | Gonzar (Santa María) | León (San Martiño) | Narón (Santa María) | Nespereira (San Cibrao) | Portomarín (San Nicolao) | Portomarín (San Pedro) | Recelle (San Pedro) | Sabadelle (San Salvador) | San Mamede de Belaz (San Mamede) | San Mamede do Río (San Mamede) | Soengas (Santiago) | Vedro (San Martiño) | Vilarbasín (San Pedro) | Vilaxuste (San Pedro)