No Passion All Technique é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de post-punk Protomartyr, publicado o 8 de outubro de 2012 a través do selo Urinal Cake Records. O disco quedou descatalogado rapidamente, converténdose nun obxecto de coleccionista.[1][2] No mes de maio de 2019 a banda reeditou o álbum con cancións extra.[1][2] A portada do álbum é unha fotografía de J. Robert Oppenheimer.
Gravación
Segundo coa súa páxina de Bandcamp, os membros da banda "entraron por primeira vez xuntos a un estudio de gravación en novembro de 2011 [...] Con só catro horas de estudio reservadas e unha caixa de cervexas entre elas, o seu plan era saír con cancións suficientes para un sinxelo de sete polgadas. En cambio, por suxestión do enxeñeiro Chris Koltay, o equipo recentemente formado de Detroit gravou todo o que puido, no pouco tempo que tiña. Marcharon con 21 cancións — material suficiente para dous sinxelos *e* un álbum completo [...]."[3] Segundo Casey: "A miña memoria está perdida, pero agora, mirando cara atrás, aprecio o cru e improvisado que foi. Hai toneladas de erros e iso non foi porque o planeáramos. Aínda non podemos admitir que sexa tan bo como é. Nunca queres dicir que o primeiro é o mellor, pero estou contento de que non rematase sendo terrible. Deunos a porta do que quixemos facer despois”.[4]
Listaxe de cancións
N.º |
Título |
Duración |
1. |
"In My Sphere" |
3:44 |
2. |
"Machinist Man" |
2:44 |
3. |
"Hot Wheel City" |
1:35 |
4. |
"3 Swallows" |
2:21 |
5. |
"Free Supper" |
3:12 |
6. |
"Jumbo's" |
4:28 |
7. |
"Ypsilanti" |
3:12 |
8. |
"Too Many Jewels" |
3:51 |
9. |
"(Don't You) Call Me Out My Name" |
1:06 |
10. |
"How He Lived After He Died" |
2:54 |
11. |
"Feral Cats" |
2:51 |
12. |
"Wine Of Ape" |
1:21 |
13. |
"Principalities" |
3:40 |
Notas