Nicolas Chuquet foi un matemático francés do século XV, autor da primeira aritmética "moderna".
Traxectoria
Non se sabe moito da súa vida. Só se sabe, porque o di el mesmo no seu Tripartito, que é de París, que se licenciou en Medicina e que escribiu a súa obra en 1484 en Lión.. Polos rexistros fiscais da cidade de Lión, sábese que vivía ao lado doutro matemático francés: Estienne de La Roche, pero non se sabe as relacións que tiñan.
Obras
Chuquet é o autor da aritmética máis orixinal escrita desde a época grega: Le Triparty en la Science des Nombres. A obra nunca se publicou até 1880 e polo tanto non tivo influencia; agás o feito de que Estienne de La Roche publicou unha pequena parte dela como súa: L'arismetique nouvellement composee (Lión, 1520).
O traballo de Chuquet consta de dúas grandes partes: a primeira, propiamente chamada Triparty en la Science des Nombres, e a segunda, denominada Applications des Rigles du Triparty, que é unha colección de problemas resoltos cos procedementos establecidos na primeira parte.
O Triparty ten tres partes:
Aínda que as achegas de Chuquet á álxebra son escasas, a súa orixinalidade e audacia no desenvolvemento da linguaxe alxébrica e do cálculo é indiscutible.
Foi o introdutor do termo billón.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas