Nerga, O Hío, Cangas

Nerga

Praia de Nerga
ParroquiaO Hío
ConcelloCangas
Coordenadas42°15′28″N 8°49′42″O / 42.257777777778, -8.8283333333333
Poboación500 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Nerga é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na Comarca do Morrazo. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 500 habitantes (259 homes e 241 mulleres).

Trátase dun dos lugares que forman parte da cultura Hioense. Tamén é o que ten máis quilómetros de praia.

A Ría de Vigo baña as praias de Nerga, que están protexidas de fronte polas illas Cíes, son as praias máis extensas da contorna. Ten dous frontes costeiros, nun deles limita con Viñó, nese atópase a praia de Nerga (ou Folla de Nerga) cunha lonxitude de aproximadamente 1 quilómetro de longo, separada por rochas da praia do medio e da de barra, tamén con grande lonxitude. No outro fronte ten fronteira con Liméns e alí pódense atopar praias pequenas coma Area das Patas, Os Castros, Temperáns...

A lenda di que o lugar no que se atopa o Con que preside a praia de Nerga foi antes ocupado por unha igrexa, e que se se mete a cabeza no interior da pedra aínda se pode oír o órgano da mesma tocando os salmos da época.

Lugares e parroquias

Lugares do Hío

Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas

Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño

Parroquias de Cangas

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas

Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)

Véxase tamén

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!