San Salvador de Coiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 6.817 habitantes (3.354 homes e 3.463 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.822 habitantes.
Patrimonio
A parroquia ocupa os vales fluviais do río Bouzos e do seu afluente, o río da Presa. As actividades agrícolas e gandeiras están en declive. No seu tempo foron famosas as festas do entroido, das que destaca unha celebrada parodía da chegada dun tren. Desa ocasión e xa que as vías estaban instaladas con pouca pericia, vertían para atrás, o tren nunca botou a andar e rodou cara a atrás até acabar no fondo dunha poza. Desde aí, na comarca ouviuse sempre o dito de que "os de Coiro camiñan para atras".
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Coiro
Parroquias de Cangas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos