O movemento antinuclear é a resposta organizativa que reúne persoas, organizacións ou partidos políticos cun compromiso expreso antinuclear e ecoloxista. O movemento xorde en resposta ao suposto perigo do uso, desenvolvemento e expansión tanto civil como militar da tecnoloxía nuclear.
Xustificación do movemento
A maioría das persoas que se opoñen á enerxía nuclear considera que os principais problemas son o perigo de accidentes ou ataques militares ou terroristas.[1][2] Tamén sinalan a cuestión dos residuos radioactivos, un perigo que se estende a decenas e mesmo centenares de miles de anos.[2] Outros argumentos en contra son o seu elevado custo e o feito de tratarse de enerxía non sustentábel.[2]
Actividades
A actividade do movemento céntrase en dúas áreas fundamentais:
a oposición ás armas nucleares, ás bombas sucias e ás armas que usan uranio empobrecido
A partir da década dos setenta, conforme diversos gobernos adoptaban a enerxía nuclear como unha das súas opcións para combateren a crise enerxética, o movemento nuclear foi adquirindo forza con rapidez. As primeiras centrais nucleares, construídas a partir dos anos 50, prometeran cantidades enormes de enerxía a un prezo «demasiado baixo para ser medido».[3]
Porén, axiña se desvelaron tamén algúns dos problemas fundamentais desta tecnoloxía. Entre eles atopábanse os residuos radioactivos, que manteñen o seu perigo durante decenas e mesmo centenares de miles de anos, e as enormes cantidades de plutonio producidas, que podían contribuír á proliferación nuclear. Posteriormente fixéronse patentes outros problemas tamén graves, entre eles o perigo de accidentes como o de Chernóbil.
Inicios
Pódese determinar o inicio do movemento coas acción dos matrimonios Bohlen e Stowe, quen se opuñan aos ensaios nucleares dos EUA no Refuxio de Fauna Nacional de Amchitka, unha illa volcánica ao suroeste de Alasca. Fundaron o comité Don't Make A Wave (Non Fagades Unha Onda), que o 15 de setembro de 1971 fretou unha viaxe en barco á zona de ensaios nucleares. A expedición, bautizada como Greenpeace I, deu orixe á organización ecoloxistaGreenpeace. O 12 de abril de 1971 unha manifestación de varios centos de persoas fronte ás obras da central nuclear de Fessenheim (Alsacia) dá inicio ao movemento antinuclear en Francia.
Década dos setenta
O 18 de febreiro de 1975 varios centenares de activistas ocuparon os terreos onde se proxectaba a construción da central nuclear de Wyhl, no estado de Baden-Württemberg, que entón formaba parte da República Federal de Alemaña.[4] Malia o brutal desaloxo inicial, retomouse a ocupación cinco días despois, e prolongouse durante oito meses. O inicio das obras foi paralizado o 21 de marzo por orde xudicial[5] e o 14 de marzo de 1977 descartouse definitivamente a súa construción. A zona foi declarada reserva natural en 1995.[6] A ocupación de Wyhl supuxo o nacemento do movemento antinuclear en Alemaña.
O 22 de marzo de 1975 produciuse o primeiro accidente grave coñecido nunha central nuclear, en Browns Ferry (Alabama, Estados Unidos. Dende ese ano o movemento ecoloxista adquiriu un crecente carácter antinuclear. Logrou a paralización dos programas nucleares da maioría dos países industrializados, fundamentalmente tras os accidentes de Harrisburg (Estados Unidos) en 1979[7] e Chernóbil (URSS) en 1986. Na primavera de 1975 continuou a mobilización social contra a nuclearización do Rin tanto dende Alemaña como dende Francia, o que referendou o carácter internacional do movemento.
O 30 de outubro de 1976 varios miles de persoas repiten a ocupación de terreos destinados á construción dunha central nuclear na RFA, desta vez en Brokdorf, no estado de Schleswig-Holstein. A «batalla de Brokdorf» prolongouse durante varios meses, con continuos desaloxos policiais e reocupacións, e a participación de miles de persoas.[8][9][10]
O 30 de xullo de 1977 arredor de 60.000 persoas manifestáronse en Creys-Malville (Francia) contra o reactor reprodutor rápido (FBR, do inglésFast Breeder Reactor) Superphénix. Esta marcha, en que participou o grupo Fédération Anarchiste, rematou con miles de persoas feridas e unha vítima mortal, o anarquistaVital Michalon.[11][12] O reactor permaneceu activo até 1997, cando pechou polo seu alto custo de mantemento.[13] Este acontecemento supuxo o cénit do movemento antinuclear no país galo.
O 24 de setembro tivo lugar na RFA unha multitudinaria manifestación contra o FBR de Kalkar, no estado de Renania do Norte-Westfalia.[14] A construción deste rematou en 1985, mais nunca chegou a entrar en funcionamento por mor da presión política e social.
O 28 de marzo de 1979 produciuse un accidente na central nuclear de Three Mile Island en Harrisburg, (Pensilvania, Estados Unidos).[7] A súa gravidade e repercusión paralizaron o programa nuclear estadounidense. Tres días máis tarde, o 31 de marzo, decenas de miles de persoas manifestáronse na RFA, na cidade de Hannover, en contra da planta de reprocesamiento nuclear de Gorleben, no estado de Baixa Saxonia.[17][18]
O 9 de decembro de 1979 celebrouse en Bruxelas unha manifestación contra a instalación dos euromísiles (mísiles nucleares de alcance medio) en Europa.[19] Este foi o inicio dun novo movemento pacifista europeo que cristalizou coa formación en 1980 da Campaña Europea polo Desarmamento Nuclear (END). Nela evidenciáronse as estreitas relacións entre o movemento antinuclear e o movemento pola paz dos anos oitenta.
Os custos económicos calculáronse en centenares de miles de millóns de dólares e as vítimas mortais estimáronse entre 4.000 e centenares de miles.[22] En xuño dese ano 4.000 mulleres finlandesas iniciaron unha folga pola que renunciaban a quedaren embarazadas até que o Goberno abandonase o programa nuclear.[23] Chernóbil supuxo a extensión das moratorias nucleares por toda Europa.
En 1987 tentouse levar a cabo en España o proxecto IPES (Instalación Piloto Experimental Subterránea), un experimento para estudar a resposta dos granitos a fontes de radioactividade. O obxectivo era coñecer a súa viabilidade como enclave de futuros cemiterios nucleares. Estaba previsto desenvolver o laboratorio experimental de residuos radioactivos na caverna granítica da central hidroeléctrica de Aldeadávila de la Ribera (Salamanca). Porén, o rexeitamento social foi unánime, e mesmo levou ao secuestro popular na casa consistorial do vicepresidente segundo da Deputación Provincial o 3 de abril.[24] En setembro mesmo se chegaron a utilizar explosivos roubados para derrubar unha torre do tendido eléctrico.[25] A situación rematou co abandono definitivo do proxecto antes deste poñerse en marcha.[25][26]
En Galiza
En 1973 sóubose que Fenosa tiña intención de instalar unha central nuclear en Regodela (Xove). A noticia foi ben acollida nun principio pola veciñanza do concello, e tamén pola de Cervo e Viveiro.[27] Daquela, a poboación galega non coñecía en xeral os riscos da enerxía nuclear. Nun contexto de elevado crecimiento industrial, a central ofrecía posibilidades de crecemento nun concello en que a agricultura era a base da economía.
Posteriormente a veciñanza foi informada do impacto ambiental na ría, así como dos notábeis recortes na cifra estimada de empregos xerados. A finais de 1976 e principios de 1977 destacou a figura de Pencha Santasmarinas, quen iniciou no ámbito rural unha campaña contra a central. Celebrouse en Viveiro un debate entre partidarios e detractores da enerxía nuclear, na sala de festas Os Verxeles.[28] Unhas 2.000 persoas escoitaron a representantes de Fenosa e tamén a técnicos e enxeñeiros da Universidade de Santiago de Compostela. Estes últimos expuxeron os perigos da enerxía nuclear, o que fixo que moitas veciñas e veciños cambiasen a súa opinión sobre o proxecto. O debate, xa que logo, inclinou o sentir popular contra a central. O descubrimento dunha falla baixo o terreo onde se ía instalar a central, xunto co risco de terremoto, determinaron que, de producirse un incidente nuclear, a contaminación podería estenderse nunha área de 100 km á redonda. Estes datos foron clave para o posicionamento da maioría da poboación contra o proxecto.[27]
A primeira gran mobilización tivo lugar o domingo 10 de abril de 1977. Máis de 8.000 persoas, segundo a organización, percorreron os 11 km que separaban Viveiro e Regodela, desafiando a prohibición do goberno civil de Lugo.[28] Nas súas pancartas podíase ler «Galicia é nosa e non de Fenosa» ou «Non Xove nuclear». O 20 de maio de 1979 produciuse unha nova gran marcha entre as dúas localidades. Participaron entre 7.000 e 10.000 persoas, entre elas unha delegación da Comisión de Defensa de una Costa Vasca No Nuclear,[29] así como organizacións ecoloxistas de recente creación, como o Comité Antinuclear Galego e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). De feito, en xuño dese ano ADEGA celebrou o Día Mundial do Ambiente cunha xornada antinuclear a nivel galego centrada na oposición popular á central de Xove. Este acontecemento foi a culminación de todas as mobilizacións precedentes.[29]
A inicios da década de 1980, demostrouse que as previsións de consumo eléctrico incluídas no I Plan Enerxético Nacional (PEN) de 1975 e reforzadas co II PEN en 1979 foran disparatadas. Trala denegación da licenza de obra por parte do concello de Xove, en 1984 cancelouse de xeito definitivo o proxecto de instalación da central na Mariña lucense.[27][29]
↑Glaser, Alexander (1 de novembro de 2012). "From Brokdorf to Fukushima: The long journey to nuclear phase-out". Bulletin of the Atomic Scientists(en inglés)68 (6): 10–21. ISSN0096-3402. doi:10.1177/0096340212464357.
↑"CHRONOLOGIE". sebastien.schifres.free.fr(en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2023.
↑Le Renard, Claire (xaneiro de 2018). "The Superphénix Fast Breeder Nuclear Reactor: Cross-border Cooperation and Controversies". Journal for the History of Environment and Society3: 107–144. ISSN2506-6730. doi:10.1484/J.JHES.5.116796.