Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Bocelo.
Os montes do Bocelo son unha importante elevación situada nos concellos de Boimorto, Melide, Sobrado e Toques.
Características
Da súa importancia ecolóxica fala o feito de formaren a divisoria entre as concas do río Ulla e o río Tambre. A máxima altura é o Pico do Pilar, preto de Santa Eufemia do Monte de 803 metros. O seu subsolo é de mica negra e cando aflora forma espectaculares bolos como a pena da Moura.
Existen importantes vestixios do megalitismo como o dolmen de Forno dos Mouros así como da cultura castrexa (castro da Graña). Nas súas inmediacións atópase a lagoa de Sobrado e a fervenza do río Furelos. Moi preto atópase tamén a igrexa de Santo Antoniño de Toques, capela de estilo prerrománico, nunha paraxe de notable beleza. Non conta con ningunha figura de protección.
Véxase tamén
Bibliografía