O Monte Kenya (en kikuyu: Kirinyaga) é a principal cadea montañosa de Kenya e a segunda de África, despois do Kilimanjaro. Os seus cumios máis altos son Batian (5.199 m), Nelion (5.188 m) e Lenana (4.985 m). A área arredor da montaña está protexida no Parque Nacional Monte Kenya.
A montaña é un volcán extinto, a última erupción data de entre hai 2,6 e 3,1 millóns de anos. As súas abas inclúen diferentes biomas, as partes máis baixas son bosques de clima cálido, cambiando a bosques de montaña de juniperus e podocarpaceae arredor dos 2.000 metros, cun cinto de bambú aos 2.500 m que cambia a un bosque de alta montaña de pequenas árbores cubertos de carriza. Hai 12 pequenos glaciares esparexidos entre o complexo de 7 cumios.
O pobo kikuyu cre que a súa deidade suprema, Ngai, vive no Monte Kenya.
O misioneiro Johann Ludwig Krapf foi o primeiro europeo en ver o Monte Kenya en 1849. A primeira ascensión da que temos noticias realizouna Halford Mackinder (con Ollier e Brocherel) o 13 de setembro de 1899.