Mireille Mathieu, nada en Aviñón o 22 de xullo de 1946, é unha cantante francesa.
Traxectoria
Descuberta en 1965, Mathieu é o arquetipo da cantante popular dos anos 60 e 70, período no que coñeceu os seus maiores éxitos. Está considerada un símbolo da canción francesa, cunhas vendas que acadan os 150 millóns de discos por todo o mundo, gravados en once linguas, entre elas o propio francés, o castelán o catalán e mais o provenzal.
En 1978 foi escollida como modelo para un busto de Marianne, a personificación alegórica da República Francesa.[1]
Notas