Miquel Ventura i Balanyà, nado en Reus o 7 de xaneiro de 1878 e finado en Madrid o 2 de setembro de 1930, foi un filólogo, profesor e escritor catalán.
Cursou o Bacharelato no Instituto de Reus. Traduciu ao catalán Contes Gascons de Perbosc, Manfred de Lord Byron, La Ciutat Morta de Ànnunzio, Julio César de Shakespeare, El contracte social de Rousseau, algúns diálogos "dels morts" de Llucià e varías poesías castelás. Marchou a Madrid para cursar estudos de Francés, Grego e Inglés e conseguiu o título de mestre de primeira ensinanza exercendo na Escuola Normal Central. Fixo Filosofía e Letras na Universidade de Madrid.
Foi profesor de Francés da Escuela Normal de Madrid, e en 1905 concedéronlle unha bolsa para ampliar estudos en París.[1] Foi catedrático de Inglés na Escuela de Estudios Superiores del Magisterio de Madrid dende 1912.[2] Poeta alófono en galego, publicou o poemario ¡Fala armoñosa, non morrerás!, con prólogo de Aurelio Ribalta, en 1916, na revista literaria Biblioteca do Pobo galego editada en Madrid.[3]