Milicia Nacional

Milicia do Gral. Martín Miguel de Güemes.
Para o caso de España, véxase Milicia Nacional (España)

A Milicia Nacional é unha organización de cidadáns armados, distinta do Exército ou dos corpos de policía, e similar ás que cos nomes de Garda Nacional, Milicia Urbana ou Garda Cívica, tiveron protagonismo nas grandes revolucións liberais europeas e americanas.

Características

Para o proxecto político liberal, este tipo de milicias encarnaba a base organizativa dun Estado participativo de cidadáns armados, con capacidade para fiscalizar ás autoridades e resistirse aos seus mandatos se os consideraban inadecuados. Este proxecto contemplaba o carácter electivo de todos os cargos públicos, a descentralización territorial e o juízo por xurado. Na medida en que era a nación a que estaba en armas, a milicia encarnaba a virtude cívica, e por isoo era incorruptíbel e invencíbel.

Para Thomas Jefferson, portavoz típico deste tipo de concepcións, un exército profesional en mans do goberno era un instrumento seguro de tiranía, mentres que se os cidadáns estaban armados e se rebelaban de vez en cando, recordarían aos gobernantes que tiñan que ter en conta a vontade popular.

Nalgúns países, como Francia, xa existían unhas milicias burguesas baixo o Antigo Réxime, encargadas de mantener a orde, de protexer a propiedade e de reprimir revoltas menores. Eran de corte menos popular que a Garda Nacional de Francia creada a principios da Revolución Francesa, e nunca tiveron o papel liberal que caracterizou á Garda Nacional francesa tanto nos episodios revolucionarios do século XIX como nos períodos de calma política.

Tras as revolucións liberais (1768, 1789, 1812, 1820, 1830, 1848, 1854, 1868 e 1871) en moitos países establecéronse este tipo de milicias. En xeral organizábanse en unidades de barrio ou poboación, e nelas estaban obrigados a participar todos os cidadáns con dereitos plenos que estiveran en condición física para facelo. Quedaban excluídos de participar as mulleres e os hombres sen dereitos políticos.

Iso significaba que se armaba á parte da pobolación que pagaba suficientes impostos como para ser considerada cidadán e se excluía a gran parte da poboación rural, que en case todos os países era a maioritaria, e aos asalariados urbanos. Por iso en moitas ocasións tamén se chamou a estas forzas milicias burguesas.

Lois Filipe de Orleáns entrega as bandeiras á Garda Nacional de París tras a Revolución de 1830 (óleo de 1834 de Joseph-Désiré Court).

O servizo armado destas milicias adoitaba ser local. O típico é que se usase o domingo pola mañá como día de instrución e que cada cidadán no tuviese que server de maneira ordinaria dous ou tres veces por mes, realizando roldas de policía ou custodiando edificios públicos. No caso de que ocorreran motíns populares, ou se estuviera en estado de guerra, a mobilización podía ser máis continua e a milicia podía quedar subordinada ás autoridades militares.

Mentres que a as tropas do e exército e da policía presupónselles a obediencia cega aos mandos, nas milicias cívicas os participantes considerábanse cidadáns-soldado, votaban para escoller aos seus oficiais e os cuarteis convertíanse a miúdo en lugares de discusión política.

En moitos episodios revolucionarios, motíns ou outras protestas populares, algunhas unidades das milicias podían participar armadas en contra das autoridades. Ese tipo de situacións levou a que os gobernos desconfiasen da milicia e tenderan a disolvela. En España, por exemplo, a milicia estivo en vigor mentres gobernaban os progresistas, porque os moderados disolvíana e preferían confiar no exército e na Garda Civil. En Portugal foi desarmada en 1838. En Francia, suprimida despois da revolución, foi restablecida tras a revolución de 1830, tivo un protagonismo especial na de 1848 e despois languideceu até a Comuna de París de 1871, despois da cal foi suprimida definitivamente.

Nalgúns países as milicias perviviron no século XX, evolucionando de distintas maneiras. Ás veces convertéronse nunha especie de segunda liña subordinada ao exército. En Estados Unidos as milicias do século XIX evolucionaron cara a actual Garda Nacional. No Brasil, en cambio, a oficialidade das milicias converteuse nun lugar privilexiado para os caciques, o que lles permitiu afianzar o seu poder local unha vez que estas perderan calquera carácter democrático interno. En Suíza, o propio exército organízase baseándose nun modelo miliciano, sen oficiais profesionais.

A tradición das milicias nacionais reviviu nos séculos XX e no que vai de XXI, adaptándose ás diferentes circunstancias, nunha multitude de formacións armadas. Nesta tradición pódense incluír o simple dereito a portar armas protexido constitucionalmente nos Estados Unidos, as milicias obreiras das revolucións socialistas, as milicias de partido ou sindicato —típicas da Europa da década de 1930—, algúns grupos paramilitares de América Latina, os Comités de Defensa da Revolución cubana ou mesmo as patrullas vecinais contra a delincuencia que durante as décadas de 1980 e 2000 se organizaron intermitentemente en barrios de Europa e América.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Campbell Hopkinson Chorley, Katharine (1943): Armies and the Art of Revolution. Londres: Becon Press.
  • Carrot, Georges (2001): La Garde Nationale (1789-1871). Une force publique ambiguë. París: L'Harmattan. ISBN 9782747501279.
  • Hill, Jim Dan (1964): The Minute Man in Peace and War. A History of the National Guard. Pesilvania, The Stackpole Company.
  • Pata, Arnaldo da Silva Marques (2004): Revolução e Cidadania. Organização, funcionamento e ideología da Guarda Nacional (1820-39). Lisboa: Colibri.
  • Pérez Garzón, Juan Sisinio (1978): Milicia nacional e revolución burguesa. Madrid: C.S.I.C. ISBN 84-00-03785-5.

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!