Co nome de Milicia Urbana coñécense os rexementos creados pola coroa de España, a partir de 1794, para a defensa das cidades e vilas.
As Milicias Urbanas teñen os seus precedentes na Garda Cívica, creada polos primeiros Borbóns, que era un corpo soamente civil, sen bandeira e practicamente sen funcións.
Historia
Creación
En 1794 creáronse en Madrid, coa colaboración e intervención do concello, dous rexementos militares de carácter popular, as Milicias Urbanas, con Xefes e Oficiais elixidos polos seus membros, bandeira propia e dependencia do concello, sendo en principio o seu obxecto proporcionar unha gornición á capital para a súa defensa. Co mesmo fin creáronse en todas as poboacións, incluídas as americanas, e en razón ao número de habitantes, batallóns e compañías de Milicia Urbana.
A razón da súa creación foi a guerra contra a República Francesa, ao ter Godoy que enviar fortes reforzos aos exércitos comandados polos xenerais españois que combatían en Francia. En vista do perigo que representaba o deixar desgornecias a capital do reino e moitas cidades, pensouse na milicia popular, cuxos corpos levantáronse e armáronse por un tempo indefinido, co único obxecto de gornecer as poboacións que se encontraban sen tropas.
O no 1802, coa sinatura da paz de Amiens, e voltos a España os exércitos que loitaron en Francia, disolveuse a milicia urbana, sen que mediara para iso ningún decreto, como non o houbera tampouco para a súa formación, recollendo as armas os respectivos Capitáns Xenerais, e quedando só a garda cívica.
O ano 1808, no curso da Guerra da Independencia, as diferentes Xuntas Provinciais soberanas, como a de Galicia, crearon as súas propias Milicias.
Na Constitución de 1812 creouse a Milicia Nacional, institución de carácter popular, encargada de conservar a orde e a tranquilidade nas vilas, semellante ás anteriores Milicias; suprimida durante o período absolutista de Fernando VII, a milicia foi restaurada na Constitución de 1837.
O 15 de abril de 1814 as Cortes de Cádiz decretaron a creación da Milicia Nacional, milicia de índole popular, pero que estaba moi lonxe do que foran pouco tempo atrás as Milicias Urbanas. Estaba obrigado a ser miliciano todo español desde os 30 aos 50 anos, sempre que non tiveran ningunha tara física nin moral, quedando exceptuados os sacerdotes ordenados, os empregados públicos e do patrimonio, e os pertencentes a Facultades universitarias científicas ou literarias. O servizo nelas era obrigatorio por oito anos, e recrutábanse 30 milicianos por cada 1.500 almas; de non ser suficientes, podían serres alistados mozos desde a idade de 18 anos.
O servizo desta milicia era dar garda ao Concello, atender á tranquilidade pública, defender os seus fogares de toda agresión e perseguir a malfeitores e aos desertores. Estaban organizados en pelotóns de 20 ou 30 homes, en compañías, batallóns ou rexementos, segundo o número de habitantes das poboacións respectivas. Cando a milicia facía servizo fóra da vila gozaba dun soldo. Esta milicia só se compoñía de dúas armas, infantaría e cabalaría. Os seus xefes e oficiais elixíanse entre os milicianos.
Pero coa volta a España de Fernando VII, o 4 de maio de 1814 a España, a Milicia Nacional morreu antes de nacer.
A consecuencia dos acontecementos políticos de 1820 e triunfante a insurrección iniciada por Riego nas Cabezas de San Juan, implantouse de novo o réxime liberal e a Milicia Nacional foi restaurada por Real Decreto de data 26 de abril de 1820. Segundo as ordenanzas dadas para a Milicia en 1822, cada vila tiña a súa milicia local, e os concellos eras os que expedían os títulos corresponde. Unha vez pasados os, en boca de Frenando VII, tres mal chamados anos (o trienio liberal) a reacción de 1823 suprimiu a Milicia Nacional, reemprazándoa polos Voluntarios realistas".