Melissa McCarthy (2018) |
|
Nacemento | (en) Melissa Ann McCarthy 26 de agosto de 1970 (54 anos) Plainfield, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Residencia | Os Ánxeles |
---|
Educación | Joliet Catholic Academy (en) Southern Illinois University (en) Southern Illinois University Carbondale (en) |
---|
Altura | 1,57 m |
---|
|
Campo de traballo | Actuación cinematográfica |
---|
Ocupación | actriz, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de dobraxe, deseñador de moda, director de televisión, actriz de televisión, produtora de televisión, humorista, escritora, guionista, produtora, directora de cinema |
---|
Período de actividade | 1997 - |
---|
|
Cónxuxe | Ben Falcone (2005–) |
---|
Fillos | Vivian Falcone, Georgette Falcone |
---|
Parentes | Jenny McCarthy, curmá entregue Joanne McCarthy, curmá entregue |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Melissa Ann McCarthy, nada en Plainfield (Illinois) o 26 de agosto de 1970,[1] é unha actriz, cómica, escritora, deseñadora de moda e produtora estadounidense.
Comezou a aparecer na televisión e no cinema a finais da década de 1990, e gañou recoñecemento polo seu papel como Sookie St. James na serie de televisión Gilmore Girls (2000–07). Entre 2007 e 2009, interpretou a Dena na telecomedia de ABC Samantha Who? antes de ser escollida como Molly Flynn na sitcom de CBS Mike & Molly (2010–16), papel que lle valeu un Emmy á mellor actriz nunha serie de comedia, así como outras dúas candidaturas nas temporadas seguintes.[2] Tamén foi candidata en cinco ocasións (2012, 2013, 2014, 2016 e 2017) ao Emmy como actriz convidada de comedia polas súas aparicións como presentadora en Saturday Night Live, gañando o premio en 2017.
McCarthy logrou recoñecemento xeral e aclamación da crítica pola súa interpretación na comedia Bridesmaids (2011); por ese traballo recibiu candidaturas ao Óscar como mellor actriz secundaria, aos premio BAFTA e aos Premios do Sindicato de Actores.[3] En 2013, coprotagonizou as comedias Identity Thief e The Heat. Apareceu en papeis secundarios, incluídos The Nines (2007), The Back-up Plan (2010), Así é a vida (2010), This Is 40 (2012) e Resacón 3 (2013). En 2014, McCarthy protagonizou a comedia Tammy e a comedia dramática St. Vincent. En 2015, encabezou a comedia de acción Spy, pola que recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical.
McCarthy e o seu esposo Ben Falcone fundaron On the Day, unha compañía de produción. En 2015, recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood,[4] lanzou a súa propia liña de roupa, Melissa McCarthy Seven7,[5] e foi declarada a terceira actriz mellor pagada do mundo por Forbes.[6][7] En 2016, Forbes nomeouna como a segunda actriz mellor pagada do mundo, con ganancias de 33 millóns de dólares.[8]
Vida persoal
McCarthy casou co seu mozo, Ben Falcone, actor e alumno de The Groundlings, o 8 de outubro de 2005.[9][10] A parella ten dúas fillas, Vivian, nada en maio de 2007, e Georgette, nada en marzo de 2010.[11] O primeiro embarazo de McCarthy foi incluído na última temporada de Gilmore Girls. Vivian e Georgette apareceron no filme de 2016 The Boss, en que a primeira interpretaba unha versión nova da personaxe da súa nai. Falcone e McCarthy expresaron o desexo de que as súas fillas se centrase na súa educación e procurasen unha carreira profesional na interpretación posteriormente.
Falcone fixo aparicións en filmes e series de televisión de McCarthy, como a terceira temporada de Gilmore Girls, The Nines, Bridesmaids, The Heat, Tammy, Identity Thief, Spy, The Boss, Life of the Party, The Happytime Murders e Can You Ever Forgive Me?.
Dende o principio de Mike & Molly, McCarthy perdeu aproximadamente uns 35 kg. Considera que a perda de peso se debeu a unha dieta alta en proteínas e baixa en carbohidratos, exercicio regular e unha "vida superaburrida" que inclúe ir á cama ás 7:30 p.m.[12]
McCarthy é prima da actriz, modelo e presentadora Jenny McCarthy.[13][14]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas