| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Meghan, duquesa de Sussex, nada como Rachel Meghan Markle nos Ánxeles o 4 de agosto de 1981, é unha activista e antiga actriz estadounidense, membro da familia real británica logo do seu matrimonio co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018.
Traxectoria
Vida temperá
Filla de Doria Loyce Ragland, traballadora social e profesora de ioga[1], e de Thomas Markle Sr., antigo director de fotografía gañador dun Emmy [2] e a pequecha Meghan acompañaba con frecuencia a seu pai ao estudio de gravación de Married...with Children[3]. Seus pais divorciáronse cando ela tiña seis anos[4] e ten dous medios irmáns por parte de pai, Thomas Markle Jr. e Samantha Grant.[4] Criouse en Hollywood e estudou en colexios privados, ao primeiro no Hollywood Little Red Schoolhouse[5] e logo na Immaculate Heart High School, un instituto feminino e católico nos Ánxeles [6], así a todo ela identifícase como protestante[7].
Como actriz
En 2003 graduouse na Universidade Northwestern en teatro e estudos internacionais, realizou papeis secundarios en diferentes series de televisión norteamericanas e de 2011 a 2017 interpretou a Rachel Zane na serie de avogados Suits e mais tamén salienta o seu papel como axente especial Amy Jessup en Fringe. No cinema actuou en Remember Me e Como acabar co teu xefe. En xuño de 2016[8] comezou unha relación sentimental co príncipe Henrique que se deu a coñecer oficialmente o 27 de novembro de 2017,[8][9] e asemade Meghan anunciaba que se retiraba como actriz.
Como duquesa
Casou co príncipe Henrique o 19 de maio de 2018. O 15 de outubro do mesmo ano, anunciouse o seu primeiro embarazo.[10] O 6 de maio de 2019 naceu o seu primeiro fillo, Archie Harrison Mountbatten-Windsor.[11]
En 2018 a revista Time considerouna unha das "100 persoas máis influentes do mundo".
Notas
- ↑ Morris, Regan (27 de setembro de 2017). "'Meghan who?' LA shrugs over Harry's hometown girlfriend". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ "THE NATIONAL ACADEMY OF TELEVISION ARTS & SCIENCES ANNOUNCES NOMINATIONS FOR THE 45th ANNUAL DAYTIME EMMY® AWARDS - Past Awards Daytime Emmys". The National Academy of Television Arts & Sciences. Archived from the original on 26 de abril de 2018. Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ Goulet, Matt (13 de xullo de 2013). "Q&A:The Beautiful Meghan Markle on Suits, Canada Day, and Handwriting". Esquire. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2013. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 John, Tara (27 de novembro de 2017). "Meet Meghan Markle, Prince Harry's Fiancee And Britain's Newest Royal-To-Be". Time. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2017. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ Woustra, Kristy. "Who Is Meghan Markle: The Actress Was Changing The World At Age 11". HuffPost. Canada. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ Hodgkin, Emily (23 de setembro de 2017). "Meghan Markle and Kate Middleton's path to royalty REVEALED – from Hollywood to Kensington". Daily Express. UK.
- ↑ Kingsley, Patrick (28 de novembro de 2017). "Royal Engagement Seen as Symbol of Change, With Asterisks". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 "The Duke of Cambridge approved Prince Harry's plea to trolls to leave Meghan Markle alone". The Telegraph. 26 de novembro de 2016.
- ↑ Bourke, Latika (27 de novembro de 2017). "Royal wedding: Prince Harry and Meghan Markle announce engagement". The Age. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2017. Consultado o 19 de maio de 2018.
- ↑ "Meghan Markle y el príncipe Harry esperan su primer hijo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 2018.
- ↑ "¡LLEGÓ 'BABY SUSSEX'! MEGHAN MARKLE DA A LUZ A UN NIÑO". 6 de maio de 2019. Consultado o 6 de maio de 2019.
Véxase tamén