Limita cos municipios de Cartagena e Fuente Álamo de Murcia ao leste, cos de Alhama de Murcia e de Totana ao norte, co de Lorca ao oeste e co mar Mediterráneo ao sur. Ten unha extensión de 318,7 km² e unha poboación de 34.351 habitantes en todo o municipio (segundo INE2008). Atópase a 25 metros sobre o nivel do mar e dista 70 km da capital da Rexión, Murcia. Mazarrón e Puerto de Mazarrón teñen unha importante oferta turística e gastronómica.