Martin Parr (2014) |
|
Nacemento | 23 de maio de 1952 (72 anos) Negros Ocidental, Filipinas (pt) |
---|
Educación | Universidade Metropolitana de Manchester Universidade do Ulster Surbiton County Grammar (en) |
---|
|
Lugar de traballo | Londres |
---|
Ocupación | fotógrafo, director de fotografía, actor, artista, realizador, xornalista, fotoxornalista, cartófilo (pt) |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Periodismo fotográfico, retrato e arte de xénero |
---|
Movemento | Arte contemporánea |
---|
Representante | Galerie Mennour (en) |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
Sitio web | martinparr.com |
---|
|
Martin Parr, nado en Epsom (Inglaterra) o 23 de maio de 1952, é un fotógrafo británico, membro da axencia Magnum dende 1994. Recoñecido internacionalmente polo seu particular achegamento á fotografía de documentación social, a súa obra caracterízase polo sentido do humor e unha irónica mirada sobre o estilo de vida dos británicos.
Traxectoria
Naceu en Epsom (Surrey), Parr quería converterse en fotógrafo profesional dende os catorce anos. A súa primeira influencia foi o seu avó, George Parr, un fotógrafo afeccionado e membro da Royal Photographic Society.[1]
Estudou fotografía na Escola Politecnica de Manchester entre 1970 e 1973 cos seus contemporáneos Daniel Meadows e Brian Griffin.
Magnum Photos
Martin Parr uniuse a Magnum Photos como membro asociado en 1988. A votación sobre a súa inclusión como membro de pleno dereito en 1994 estivo moi dividida, xa que Philip Jones Griffiths chamou a outros membros para que non fose admitido. Finalmente Parr alcanzou a maioría necesaria de dous terzos por un voto. A membresía de Magnum axudouno a traballar en fotografía editorial, e en fotografía de moda editorial para Paul Smith, Louis Vuitton, Galerie du jour Agnès B. e Madame Figaro.
En 2014, Parr foi elixido presidente de Magnum Photos International, cargo que mantivo durante tres anos e medio, ata 2017.[2]
Ensinanza
En 2004 foi nomeado profesor de fotografía na Universidade de Gales, en Newport, e en 2013 na Universidade do Ulster en Belfast. Anteriormente, foi profesor invitado no West Surrey College of Art & Design, hoxe en día coñecido como Universidade para as Artes Creativas.
Premios
- 2005: Membro honorario da Royal Photographic Society
- 2006: Mestría honoraria, University for the Creative Arts
- 2006: Premio Dr. Erich Salomon
- 2008: Medalla do centenario da Royal Photographic Society
- 2008: Doutor en Artes, título honorario, Manchester Metropolitan University (MMU)
- 2008: Premio á Traxectoria, PHotoEspaña[3]
- 2008: Premio Internacional da Sociedad Fotográfica do Xapón
- 2014: Logro excepcional en fotografía da revista Amateur Photographer
- 2014: Premio Lucie de Fotografía Documental
- 2016: Recoñecemento por unha contribución significativa no campo das artes visuais, Royal Academy of Arts
- 2017: Premio á Contribución Sobresaínte á Fotografía, World Photography Organisation[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas