Fixo o seu debut discográfico no ano de 1990, baixo a dirección do executivo de Columbia Records, Tommy Mottola. A finais do ano 1994 publicou Merry Christmas, o "disco de Nadal" máis vendido da historia[2].
Durante a década de 1990, os seus álbums vendéronse en grandes cantidades, converténdose na "Artista con máis vendas da década.[3] Tamén galardoada como a "Artista Feminina do Milenio" por Billboard[4] e polo World Music Awards[5].
O 2000 deixa a Columbia Records, de Sony Music[6] e asina un contrato por máis 80 millóns de dólares coa compañía Virgin,[7], considerado como o máis grande da historia para unha artista feminina até ese ano. O fracaso comercial do primeiro álbum que editou con esta discográfica, obrigou aos executivos a romper o contrato. No 2002, Carey asinou con Island Records e despois dun período relativamente infrutuoso, regresou á vangarda da música no 2005 cun dos álbums máis exitosos da súa carreira, The Emancipation of Mimi[8].
Declarada en 2008 por Billboard como unha das "Mellores Artistas Femininas de Todos os Tempos",[9] é ademais a solista con máis sinxelos que alcanzaron o número un en Estados Unidos cun total de 19, superando a Elvis Presley.[10][11]
Os seus singles "One Sweet Day" (1995) e "We Belong Together" (2005) son as cancións que máis tempo estiveron no número un do Billboard Hot 100 de Estados Unidos, cun total de 16 e 14 semanas respectivamente[12].
Vida persoal
En 2015, Carey comezou a saír co multimillonario australiano James Packer e, o 21 de xaneiro de 2016, anunciou que estaban comprometidos.[13] En outubro, porén, cancelaron o compromiso.[14] En outubro de 2016, comezou a saír co coreógrafo estadounidense Bryan Tanaka.[15]