Marc Gasol Sáez, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1985, é un xogador catalán de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2007, na 48ª posición, polos Los Angeles Lakers. É o segundo español en vencer o título da NBA tras o seu irmán máis vello Pau Gasol.
Traxectoria profesional
Tras a súa graduación en Laussane, Gasol volveu a España para xogar na Liga ACB. Xogou no FC Barcelona antes de fichar polo Akasvayu Girona, onde xogou dúas tempadas e foi nomeado MVP da liga en 2008.
Gasol foi elixido na 48ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Los Angeles Lakers. O 1 de febreiro de 2008, os seus dereitos foron traspasados aos Memphis Grizzlies, como parte do traspaso do seu irmán máis vello, Pau, aos Lakers. O 23 de xuño de 2008, asinou o seu contrato cos Grizzlies.[1] Ao remate da tempada 2010-11 será un axente libre non restrinxido.
Gasol comezou a súa tempada coma rookie con éxito, anotando 10 ou máis puntos en 10 partidos seguidos, con 49 de 84 tiros, en outubro de 2008.[2]
Gasol conseguiu bater a marca da franquía dun rookie con maior porcentaxe de tiros campo ao remate da tempada, cun 53%. A marca anterior a tiña o seu irmán Pau, cun 51.8% de tiros de campo na súa tempada coma rookie.[3]
Na tempada 2011-12, foi elixido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA.[4]
O 7 de febreiro de 2019, Gasol foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de C. J. Miles, Jonas Valančiūnas, Delon Wright e unha elección da segunda rolda do Draft.[5] Ese mesmo ano conseguiu ser o terceiro español en disputar unha final da NBA tras o seu irmán máis vello, Pau Gasol, e José Manuel Calderón; e o segundo en gañar o título.
O 24 de novembro de 2020, Gasol asinou cos Los Angeles Lakers.[6]
Selección española
Gasol foi parte da selección española de baloncesto que gañou a medalla de ouro do Campionato do Mundo da FIBA no ano 2006, sendo a súa primeira experiencia coa selección absoluta nun torneo oficial. Tamén foi parte da selección española en catro europeos consecutivos gañando catro medallas: medalla de prata no Eurobasket 2007 en España, a medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia e en Lituania 2011, e por último en Eslovenia 2013 un bronce ademais de ser incluído no quinteto ideal do torneo. Por outra banda, participou en dous Xogos Olímpicos: Pequín 2008 e Londres 2012, no que conseguiu a prata contra os Estados Unidos en ambos. A súa última participación co combinado nacional foi no Mundial da China do 2019 conseguindo un ouro mundial contra a Arxentina, sendo incluído xunto Ricky Rubio no quintento ideal.
É un dos seis xogadores que gañou un torneo mundial (Mundial ou Olimpiadas) máis o campionato da NBA nun mesmo ano.
Galardóns
Selección española
- Campionato do Mundo da FIBA 2006: Medalla de ouro
- Eurobasket 2007 (España): Medalla de prata
- Xogos Olímpicos de 2008 (Pequín): Medalla de prata
- EuroBasket 2009 (Polonia): Medalla de ouro
- EuroBasket 2011 (Lituania): Medalla de ouro
- Eurobasket 2013 (Eslovenia): Medalla bronce
- Eurobasket 2017 (Romanía, Finlandia, Turquía): Medalla bronce
- Campionato do Mundo da FIBA 2019: Medalla de ouro
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|
|
---|
- Adestrador: Nick Nurse / Adestradores asistentes: Nate Bjorkgren
- Adrian Griffin
- Phil Handy
- Eric Khoury
- Alex McKechnie
- Patrick Mutombo
- Jim Sann
- Sergio Scariolo
|
|