Mandarín

Mandarín
北方话, běifāng huà
Pronuncia:"běifāng huà", de acordo coas regras do pinyin
Outros nomes:北方話 en escrita chinesa tradicional
Falado en: República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur
Rexións: Leste de Asia
Total de falantes: 885 millóns
Posición: 1
Familia: Sino-tibetana
 Linguas chinesas
  Mandarín
Status oficial
Lingua oficial de: o mandarín estándar (普通话/pǔtōnghuà) é oficial na República Popular da China, Taiwán (Formosa), Singapur
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: zh
ISO 639-2: chi (B)zho (T)
ISO 639-3: cmn
SIL: CHN
Mapa
Status

O mandarín[1] (北方話[2], 北方话[3], běifāng huà [4], "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental.

Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], "lingua común", tamén chamada 漢語[2] / 汉语[3], hànyǔ[4], "lingua dos Hàn" [5], o cal se refire á lingua oficial da República Popular da China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán (Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur.

O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.

O mandarín (a miúdo chamado simplemente chinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras linguas chinesas, como o cantonés, ou distintas como o tibetano ou o mongol. O mandarín, que os dirixentes comunistas designaron como a lingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termo pǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da lingua clásica literaria e artificial (文言 wényán), abandonada en 1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha lingua vernácula falada (白話 báihuà, «lingua simple») da que procede o mandarín. En 1956, foi a variante de Pequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da retroflexión vocálica marcada por medio do sufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.

Fóra da China, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.

Como as outras linguas chinesas, é unha lingua de tons. Emprega catro tonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.

Os tons son representados na China por tiles sobre das vogais das sílabas da escrita romanizada dita pinyin e, en Taiwán, polas mesmas tiles sobre dos grafemas do bopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final da sílaba cando as dificultades técnicas (teclado etc) impiden colocar ou ler os tiles.

Denominacións

O termo galego -usado tamén noutras linguas europeas- procede do portugués mandarim (á súa vez tomado do malaio mentari ou mantari, neste idioma é empréstito do sánscrito mantrin-, é dicir «ministro») ; é a tradución do chinés 官話/官话 guānhuà, que significa literalmente « lingua dos mandaríns » (maxistrados do Imperio chinés). O termo guānhuà considérase unha denominación arcaica polos sinófonos de hoxe en día.

Na República Popular da China, a lingua é nomeada 普通話[2] / 普通话[3], pǔtōnghuà[4], «lingua común» ou 國語[2] / 国语, guóyǔ[3], {{{3}}}[4] «lingua nacional». En Taiwán denomínase oficialmente 國語[2] / 国语[3], guóyǔ[4]. Nas comunidades chinesas do estranxeiro, especialmente no Sueste asiático, a lingua é coñecida como 華語[2] / 华语[3], huáyǔ[4], «lingua chinesa» 華[2] / 华 [3], huá[4] é unha palabra que designa de xeito principal a cultura chinesa). O termo Hanyu 漢語 sinala o conxunto dos dialectos da etnia Han, e non só o mandarín: así, o cantonés é unha variante do Hanyu, («lingua dos Han»), do mesmo rango que o mandarín. Pola súa pronunciación (especialmente a presenza ou non de consoantes finais diferentes de n), os distintos dialectos poden ser máis ou menos próximos ao chinés arcaico. A este respecto, o hakka e o cantonés están máis próximos á lingua orixinal do que o mandarín.

Variantes gramaticais e lexicais

Artigo principal: Dialectos mandaríns.

Dende un punto de vista oficial, como xa se dixo, hai dúas variantes mandaríns, posto que o goberno de Pekín refire o mandarín do continente como se fose apǔtōnghuà, «lingua común», mentres que o goberno de Taipei cita a súa lingua oficial como kuo-yü (國語[2] / 国语[3], guóyǔ[4]), «lingua nacional». Oficialmente, o pǔtōnghuà inclúe as pronuncias de varias rexións, mentres que o kuo-yü está baseado teoricamente só sobre os fonemas do mandarín de Pekin. A comparación entre os dicionarios das dúas zonas mostra que ha algunhas diferenzas substanciais. Porén, ambas as dúas versións do mandarín escolar son abondo diferentes do mandarín coloquial, que de feito se fala, o cal sufriu o influxo das variantes rexionais.

Aínda máis, todas as variantes do mandarín non son directa e mutuamente intelixíbeis. Para ser máis precisos, segundo o SIL (Summer Institute of Languages):

As variedades do mandarín da meseta inferior de Shaanxi non son directamente intelixíbeis co putonghua. As variantes do mandarín de Guilin e de Kunming son fundamentalmente inintelixíbeis para os falantes do putonghua.

Porén, os falante educados que viven nas cidades do Suroeste, como Guilin e Kunming falan un pǔtōnghuà bastante correcto en lugar da súa lingua ancestral.

Na China do Norte, en Sichuan, e noutras áreas onde se fala a lingua do Norte, denominadas « variantes locais do mandarín », é de feito unha das linguas maternas dos falantes desas zonas. A educación masiva no mandarín non eliminou as diferenzas rexionais anteriores. No Sur, as interferencias entre o mandarín e outras lingua chinesas deron lugar a aparición de versións locais da lingua do Norte, que son abondo diferentes do mandarín oficial padrón, tanto na pronunciación como na gramática. Por exemplo, o mandarín falado en Taiwán polos estudantes que falan taiwanés (un dialecto de min do Sur) ou hakka, como lingua materna, é polo xeral realizado cunha gramática e un acento que o fan diferente do kuo-yü normalizado, orixinando unha versión do mandarín comunmente denominado mandarín de Taiwán.

Pese a que o mandarín sexa considerado como a lingua estándar, falar mandarín sen acento local, ou usar o mandarín en lugar do dialecto local, pode facer pasar o locutor como un estranxeiro ou como alguén non normal. De aí que a maior parte dos falantes, incluídos os dirixentes políticos, non se esforcen en falar o mandarín consonte o acento padrón oficial.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandarín.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Escrita chinesa tradicional
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Escrita chinesa simplificada
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Transcrición pinyin
  5. Os Hàn é a etnia maioritaria na China

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Este artigo não cita fontes confiáveis. Ajude a inserir referências. Conteúdo não verificável pode ser removido.—Encontre fontes: ABW  • CAPES  • Google (N • L • A) (Março de 2021) Harissa e azeitonas Cuscuz, merguez e harissa A harissa é uma mistura de temperos típica do Magrebe, usada para temperar cuscuz, massas, sanduíches e sopas; nalguns casos, pode considerar-se o ingrediente principal. Uma receita indica uma mis...

 

Greatest HitsGreatest hits album by EurythmicsReleased18 March 1991 (1991-03-18)Recorded1982–1989Genre New wave synth-pop pop rock Length77:19LabelRCAProducer David A. Stewart Adam Williams Jimmy Iovine Eurythmics chronology We Too Are One(1989) Greatest Hits(1991) Live 1983–1989(1993) Singles from Greatest Hits Love Is a StrangerReleased: 1991 (re-release) Sweet Dreams '91Released: 1991 (remix) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1]Calgary Her...

 

Emma Slater Slater en 2013Información personalNombre de nacimiento Emma Louise SlaterNacimiento 25 de diciembre de 1988 (34 años)Tamworth, Staffordshire, Reino UnidoNacionalidad BritánicaCaracterísticas físicasAltura 1,65 m (5′ 5″)FamiliaCónyuge Sasha Farber (matr. 2018; div. 2022)Pareja Mauricio Umansky (desde 2023) Información profesionalOcupación Bailarina y coreógrafaAños activa 2006–presenteConocida por Dancing with the StarsSitio web ...

Pepper and egg sandwichCourseMain coursePlace of originUnited StatesRegion or stateChicago, IllinoisServing temperatureHotMain ingredientsbell pepper, egg A pepper and egg sandwich is a sandwich made with grilled bell peppers and scrambled eggs, typically served on French bread. It is a popular staple on Fridays during Lent among Catholic Italian-Americans, particularly in Chicago, Illinois.[1][2][3][4] The sandwich is believed to have been originally created b...

 

هذا التصنيف مخصص لجمع مقالات البذور المتعلقة بصفحة موضوع عن رياضة فلسطينية. بإمكانك المساعدة في توسيع هذه المقالات وتطويرها. لإضافة مقالة إلى هذا التصنيف، استخدم {{بذرة رياضة فلسطينية}} بدلاً من {{بذرة}}. هذا التصنيف لا يظهر في صفحات أعضائه؛ حيث إنه مخصص لصيانة صفحات ويكيبيد...

 

Building in Saint Petersburg, RussiaHotel AstoriaGeneral informationLocationSaint Petersburg, RussiaOpenedDecember 23, 1912OwnerRocco Forte HotelsManagementRocco Forte HotelsDesign and constructionArchitect(s)Fyodor LidvalDeveloperPalace Hotel CompanyOther informationNumber of rooms169Number of suites86Number of restaurants2Website[1] Hotel Astoria (Russian: гости́ница «Асто́рия») is a five-star hotel in Saint Petersburg, Russia, that first opened in December 1912. It has ...

Azerbaijani cargo airline Not to be confused with SilkAir or Silk Way Airlines. Silk Way West Airlines IATA ICAO Callsign 7L AZG SILK WEST Founded2012AOC #7KWF434F[1]Operating basesHeydar Aliyev International AirportSubsidiariesSW TechnicsFleet size14Destinations45Parent companySilk Way GroupHeadquartersBaku, AzerbaijanWebsitesilkwaywest.com Silk Way West Airlines is an Azerbaijani cargo airline with its head office and main operating base at Heydar Aliyev International Airport&#...

 

Gurnard rebus dengan campuran jahe, kecap, mirin, gula, sake, dan air Nimono (煮物code: ja is deprecated ) adalah hidangan rebus dalam masakan Jepang. Nimono umumnya terdiri dari bahan dasar yang direbus dalam kaldu shiru dan dibumbui dengan sake, kecap, dan sedikit pemanis. Nimono direbus dalam shiru selama periode waktu tertentu sampai cairan diserap ke dalam bahan dasar atau menguap. Bahan-bahan untuk membuat nimono biasanya terdiri atas sayur, ikan, makanan laut, atau ampas tahu, baik d...

 

School in Utah, USA Orem High SchoolAddress175 S 400 EOrem, UtahUnited StatesCoordinates40°17′32″N 111°41′03″W / 40.29222°N 111.68417°W / 40.29222; -111.68417InformationTypePublic three-yearEstablished1956PrincipalLynn GerrattFaculty48.47 (FTE)[1]Enrollment1,244 (2018-19)[1]Student to teacher ratio25.67[1]Color(s)Blue, Gold    MascotGolden TigerRivalMountain View High SchoolTimpanogos High SchoolInformation801-227-8765Websi...

Type of organized crime enterprise This article is about a type of criminal organization. For regional groups, see Italian Mafia, Sicilian Mafia, and Italian-American Mafia. For other uses, see Mafia (disambiguation). Mafia is an informal term that is used to describe criminal organizations that bear a strong similarity to the Italian Mafia. The central activity of such an organization would be the arbitration of disputes between criminals as well as the organization and enforcement of illici...

 

Colombian television series The Mafia DollsGenreTelenovelaCreated by Andrés López Juan Camilo Ferrand Based onLas fantásticasby Andrés López and Juan Camilo FerrandDirected byLuis Alberto RestrepoCreative directorGuarnizo Lizarralde[1]Opening themeDame tu amor by Lisaumet and Rap TopoCountry of originColombiaOriginal languageSpanishNo. of seasons2No. of episodes118ProductionExecutive producerCristina Palacio PomboEditors Fabián Rodríguez Isabel Cristina Méndez Camera setupMult...

 

Constituency of the Madhya Pradesh legislative assembly in India PansemalConstituency detailsCountryIndiaRegionCentral IndiaStateMadhya PradeshDistrictBarwaniLS constituencyKhargoneReservationST Pansemal Assembly constituency is one of the 230 Vidhan Sabha (Legislative Assembly) constituencies of Madhya Pradesh state in central India.[1][2][3] It is part of Barwani District. Chandrabhaga Kirade is a current MLA of Pansemal. Members of Legislative Assembly Election Memb...

Painting by Carl Friedrich Lessing You can help expand this article with text translated from the corresponding article in German. (July 2018) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the German article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-transla...

 

Turkish rock band This article is about the Turkish band. For other uses, see Manga (disambiguation). maNgamaNga in OsloBackground informationOriginAnkara, TurkeyGenresAlternative rock[1]alternative metal[2]nu metal[3]Anatolian rockYears active2001–presentLabelsPoll Production, GRGDN, Sony Music EntertainmentMembersFerman Akgül (lead singer)Yağmur Sarıgül (guitarist)Cem Bahtiyar (bassist)Özgür Can Öney (drummer)Past membersOrçun Şekerusta (bassist, 2001)Efe ...

 

KakaoMusicDeveloper(s)KakaoInitial release2013Operating systemiOS, AndroidAvailable inKoreanTypemusic streamingWebsiteOfficial website KakaoMusic (Hangul: 카카오뮤직) was a music streaming service launched by Kakao. It lets users stream and buy music while also allowing them to share songs and connect with friends through KakaoTalk. In 2017, Kakao merged Kakao Music into Melon, the company’s other music streaming service.[1][2] Features People can create their own music...

Purificación Municipio Bienvenida al municipio BanderaEscudo PurificaciónLocalización de Purificación en Colombia PurificaciónLocalización de Purificación en TolimaCoordenadas 3°51′24″N 74°55′57″O / 3.8566666666667, -74.9325Entidad Municipio • País Colombiano • Departamento Tolima • Provincia SurorienteAlcalde Cristian Andrés Barragán (2020-2023)Eventos históricos   • Fundación 25 de mayo de 1664[1]​Superficie  ...

 

Historic house in New Mexico, United States United States historic placeLembke HouseU.S. National Register of Historic PlacesNM State Register of Cultural Properties The house in 2014Show map of New MexicoShow map of the United StatesLocation312 Laguna Blvd. SW,Albuquerque, New MexicoCoordinates35°5′18″N 106°40′5″W / 35.08833°N 106.66806°W / 35.08833; -106.66806Built1937ArchitectTownes & FunkArchitectural styleInternationalNRHP reference ...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع عفريت (توضيح). العفريت 도깨비 ملصق المسلسل أيضاً معروف باسم الوصي: الإله الوحيد والعظيم النوع فانتازيا  [لغات أخرى]‏[1]،  ورومانسي  [لغات أخرى]‏،  ومسلسل كوميدي  [لغات أخرى]‏[1]،  ودراما تلفزيونية  [لغات أخرى]...

Untuk orang lain dengan nama yang sama, lihat Supardi. Supardi Gubernur AALPetahanaMulai menjabat 2 Oktober 2023 PendahuluEndi SupardiPenggantiPetahanaWadankodiklatalMasa jabatan27 April 2023 – 2 Oktober 2023 PendahuluRachmad JayadiPenggantiEko WahjonoKomandan Lantamal V/SurabayaMasa jabatan27 Juni 2022 – 27 April 2023 PendahuluYoos Suryono HadiPenggantiEko WahjonoKepala Dinas Sejarah TNI Angkatan Laut ke-1Masa jabatan27 Juli 2020 – 27 Juni 2022 Pendah...

 

Alberto Ghiraldo Información personalNacimiento 1875Buenos AiresFallecimiento 1946Santiago de Chile (Chile) Nacionalidad ArgentinaInformación profesionalOcupación escritor, anarquista, publicista, político, abogado[editar datos en Wikidata] Alberto Ghiraldo (Buenos Aires, Argentina, 1875 - Chile, 23 de marzo de 1946) fue un escritor, publicista, político y abogado argentino de ideal anarquista. Biografía Alberto Ghiraldo nació en Buenos Aires en 1875. Su padre falleció cuand...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!