Man on the Moon é un filme estadounidense de 1999 dirixido por Miloš Forman. Está protagonizado por Jim Carrey, no papel do comediante Andy Kaufman. O resto do elenco está composto por Danny DeVito, Courtney Love e Paul Giamatti.
A historia percorre a traxectoria de Kaufman dende a infancia ata os clubs de comedias e as aparicións televisivas que o fixeron famoso, incluíndo as súas memorables aparicións en Saturday Night Live, Late Night with David Letterman , Fridays, e o seu papel de Latka Gravas na comedia de situación Taxi, que foi popular entre os espectadores pero perturbador para os compañeiros de Kaufman. O filme presta especial atención ás diversas bromas interiores, estafas, engaños e acontecementos polos que Kaufman era famoso, como a súa interpretación do personaxe Tony Clifton.
Estreouse o 22 de decembro de 1999 nos Estados Unidos e o 5 de maio de 2000 no Reino Unido por Universal Pictures e Warner Bros. Pictures nalgúns mercados. Aínda que o filme non tivo éxito comercialmente e recibiu críticas mixtas, Carrey recibiu aclamación da crítica pola súa actuación e gañou un Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical, o seu segundo consecutivo despois do seu premio por The Truman Show .
O documental Jim & Andy: The Great Beyond estreouse en 2017 e narra a actuación de Carrey como Kaufman no filme, un personaxe que mantivo durante gran parte da produción do mesmo.
Personaxes
Notas