The Truman Show é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir e escrito por Andrew Niccol que se estreou en 1998. Está protagonizado por Jim Carrey, que interpreta a Truman Burbank, xunto con Laura Linney, Noah Emmerich, Ed Harris e Natascha McElhone. Conta a historia da vida dun home que non sabe que está a vivir nunha realidade contruída para un programa de televisión, que se emite sen interrupción en todo o planeta. Truman comeza a sospeitar da súa realidade e comeza un proceso sen volta atrás de descubrir a verdade sobre a súa vida.
A orixe de The Truman Show foi un guión de Niccol que foi inspirado por un episodio de The Twilight Zone titulado "Special Service".[4] O proxecto inicial tiña un ton de suspense de ciencia ficción, coa historia ambientada na cidade de Nova York. Scott Rudin fíxose co guión, e inmediatamente puxo o proxecto en mans de Paramount Pictures. Brian De Palma era o director previsto antes de que Weir se fixese co filme por un orzamento de $60 millóns no canto dos $80 millóns iniciais. Niccol re-escribiu o guión ó mesmo tempo que os cineastas agardaban que Carry se puidese incorporar á rodaxe. A maioría da rodaxe fíxose en Seaside (Florida), nunha comunidade planificada situada na rexión de Panhandle de Florida.
O filme foi un éxito de recadación e da crítica, e conseguiu varias nomeamentos nos 71ª edición dos Oscar, nos Globos de Ouro, nos BAFTA e nos Saturn. The Truman Show foi analizado como unha tese sobre o cristianismo, a metafilosofía, a realidade simulada, o existencialismo e a realidade televisiva.
Sinopse
Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Porén, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está ocorrendo.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas