O músculo supinador curto é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións
A orixe é dobre:
- A porción superficial ou umeral áchase no epicóndilo lateral do úmero. Hai febras de inserción no ligamento anular e no ligamento colateral radial.
- A porción fonda ten a súa orixe na crista do músculo supinador curto na superficie posterolateral do cúbito.
Ambas dúas porcións únense e cobren a superficie posterior do radio na parte superior, para despois insertárense coma un único tendón na superficie lateral do mesmo óso, por encima da inserción do músculo pronador redondo.
Función
Supina a man.
Innervación
É innervado pola póla fonda do nervio radial.