O músculo dorsal ancho é un músculo do membro superior humano, pertencente á axila. Orixínase nas apófises espiñentas das seis vértebras torácicas inferiores e ligamentos interespiñentos relacionados. A través da fascia toracolumbar únese ás apófises espiñentas das vértebras lumbares, ós ligamentos interespiñentos destas vértebras, á crista ilíaca e á 3 e 4 costela inferior.
A súa inserción distal remata no chan do suco intertubercular do úmero.
Innervación
Está innervado polo nervio toracodorsal.
Función
O grande dorsal ten por función: a adución, rotación medial e extensión do brazo na articulación glenoumeral.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray, Anatomía para Estudiantes. Miembro superior (en castelán).