Lêdo Ivo, nado en Maceió o 18 de febreiro de 1924 e finado en Sevilla o 23 de decembro de 2012,[1] foi un periodista, poeta, novelista, contista, cronista e ensaísta brasileiro.
Traxectoria
É un dos escritores máis importantes da xeración do 45 e da literatura moderna brasileira. É membro da Academia Brasileira de Letras, elixido en 1986 para a cadeira 10, sucedendo a Orígenes Lessa.
En 2009 a súa obra Réquiem obtivo o Premio Casa de las Américas na categoría literatura brasileira.
En 2010 o Centro PEN Galicia outorgoulle o Premio Rosalía de Castro.[2]
- As Imaginações, poemario (1944)
- Ode e elegía, poemario (1945)
- As Alianças, novela (1947)
- A cidade e os dias, crónica (1957)
- Ninho de cobras, novela (1973)
- Finisterra, poemario (1973)
- Confissôes de um poeta, memorias (1979)
- Réquiem, poemario (2009)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas