Lydia Lunch (2012) |
|
Nacemento | (en) Lydia Anne Koch 2 de xuño de 1959 (65 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
---|
|
Campo de traballo | Poesía |
---|
Ocupación | cantante, artista de performance, fotógrafa, escritora, actriz, poetisa, directora de cinema |
---|
Período de actividade | 1976 - |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | No Wave, punk rock, dark jazz (en) , post-punk, Música industrial, música vangardista e spoken word |
---|
Movemento | No Wave Cinema e Cinema of Transgression (en) |
---|
Instrumento | Guitarra e voz |
---|
Selo discográfico | ZE Records Ruby Records (en) 4AD Atavistic |
---|
|
Arquivos en | |
---|
|
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
---|
Sitio web | lydia-lunch.net |
---|
|
Lydia Lunch, nada como Lydia Anne Koch o 2 de xuño de 1959[1][2] é unha cantante, poeta, actriz e escritora estadounidense. A súa carreira xurdiu da escena no wave de Nova York nos anos 70, principalmente como a cantante e guitarrista da banda Teenage Jesus and the Jerks.
O seu traballo normalmente presenta unha provocativa e conflitiva música noise, e mantén unha ética anti-comercial,[3] operando independentemente de grandes selos e distribuidores.[4] O Boston Phoenix nomeou a Lunch un dos dez intérpretes máis influentes dos 90.[5] A súa colaboración con Sonic Youth en "Death Valley '69" foi nomeada unha das "50 cancións máis malvadas da historia" por Kerrang!.[6]
A carreira en solitario de Lunch conta con colaboración con músicos como J. G. Thirlwell, Exene Cervenka, Kim Gordon, Thurston Moore, Bob Bert, Nick Cave, Marc Almond, Billy Ver Planck, Steven Severin, Robert Quine, Sadie Mae, Rowland S. Howard, Michael Gira, The Birthday Party, No Trend, Sort Sol, Einstürzende Neubauten, Sonic Youth, Oxbow, Die Haut, Omar Rodriguez-Lopez, Black Sun Productions, e a banda francesa Sibyl Vane, que musicou un dos seus poemas.
Biografía
Lunch naceu o día 2 de xuño de 1953 en Rochester, Nova York. Cando tiña 16 anos de idade mudouse á cidade de Nova York e finalmente mudouse a unha casa comunal de artistas e músicos.
Música
Despois de facerse amiga de Alan Vega e Martin Rev, da banda Suicide, no club Max's Kansas City, fundou a banda de no wave de curta vida pero moi influínte Teenage Jesus and the Jerks con James Chance.[7] Tanto Teenage Jesus and the Jerks como The Contortions, A seguinte banda de Chance, apareceron no recompilatorio no wave No New York, producido por Brian Eno. Lunch despois participou en dúas cancións do álbum de James White and the Blacks Off-White. Estivo noutras dúas bandas de curta duración antes de lanzar a súa carreira en solitario en 1980, Beirut Slump e 8 Eyed Spy.[8]
A mediados dos anos 80 formou a súa propia compañía discográfica e de distribución, Widowspeak Productions, coa cal continúa publicando o seu propio material, dende música a palabra falada. Dous álbums editados polo selo de Lunch apareceron en 2013: Collision Course & Trust The Witch, de Big Sexy Noise (publicado por Cherry Red), e Retrovirus (publicado por Interbang Records); os dous son proxectos musicais de Lunch.[9]
Lunch publicou o seu álbum de estudio Smoke in the Shadows en novembro de 2004, a través dos selos Atavistic Records e Breakin Beats, despois de pasar seis anos afastada da música.[10][11] Nels Cline, o guitarrista solista da banda de rock alternativo Wilco, apareceu no álbum. Smoke in the Shadows tivo recensións positivas en Allmusic,[12] PopMatters,[10] e Tiny Mix Tapes.[13]
En 2009 Lunch formou a banda Big Sexy Noise. O grupo conta con Lunch (voz), James Johnston (guitarra), Terry Edwards (órgano e saxofón), and Ian White (batería).[14] Johnston, White e Edwards son membros da banda británica Gallon Drunk.[15] Un EP homónimo de seis pistas foi lanzado o 1 de xuño de 2009, a través de Sartorial Records, e incluía unha versión da canción de Lou Reed "Kill Your Sons", ademais de "The Gospel Singer", un tema coescrito con Kim Gordon.[16] O seu álbum de estrea, Big Sexy Noise, foi lanzado en 2010, seguido de Trust The Witch en 2011. Para ámbolos dous álbums, Lunch e a súa banda completaron xiras por Europa.[17]
En 2010, The Jeffrey Lee Pierce Sessions Project lanzou We Are Only Riders, o primeiro dunha serie de catro álbums que incluían traballos en proceso inéditos de Pierce. O álbum presenta interpretacións do traballo de Pierce por parte de amigos, colaboradores e admiradores, incluínda Lunch. Lunch tamén contribuíu ao segundo álbum do proxecto, The Journey is Long, que foi lanzado en abril de 2012.[18]
Aínda que o terceiro e último álbum do Pierce Sessions Project, The Task Has Overwhelmed Us, ía lanzarse a finais de 2012,[19] a data prevista cambiou despois do lanzamento da segunda entrega. Glitterhouse Records, o selo produtor da colección, lanzou un terceiro álbum titulado Axles & Sockets en maio de 2014, no que Lunch interpreta "The Journey Is Long" coas gravacións de Pierce. O selo explicou que o terceiro álbum converteuse no "penúltimo" lanzamento de longa duración do proxecto, pero non nomeou o álbum final, nin a súa data de lanzamento.[20]
Lunch lanzou o álbum Retrovirus (tamén o nome da banda coa que o interpreta) en 2013 a través de Interbang Records e ugEXPLODE (a gran maioría dos temas do álbum son publicados por Widowspeak).[21] Xunto cos membros da banda Weasel Walter, Algis Kizys e Bob Bert, Lunch realizou un concerto despois do lanzamento do álbum no local de Bowery Electric na cidade de Nova York, en maio de 2013.[22]
En marzo de 2022, o Centro de Música Popular (CPM) da Universidade Estatal de Middle Tennessee nomeouna destinataria do Premio CPM Fellows. Os únicos destinatarios anteriores deste honor foron Barry Gibb e Lamont Dozier.[23]
Cine
Lunch apareceu en dous filmes dos directores Scott B e Beth B. En Black Box interpretou a unha dominatrix, e en Vortex interpretou a unha detective privada chamada Angel Powers.[24] Durante este tempo, tamén apareceu nunha serie de películas de Vivienne Dick, incluíndo She Had Her Gun All Ready (1978) e Beauty Becomes The Beast (1979), co-protagonizada con Pat Place.[25] En 2011, Lunch apareceu en Mutantes: punk, porn, feminism, unha película dirixida por Virginie Despentes, na que tamén participan Annie Sprinkle e Catherine Breillat. Tamén escribiu, dirixiu e actuou en películas underground, ás veces colaborando co cineasta underground Nick Zedd e co fotógrafo Richard Kern.
Palabra falada
Lunch gravou e actuou como artista de palabra falada, colaborando con outros artistas como Exene Cervenka,[26] Henry Rollins, Don Bajema e Hubert Selby Jr., ademais de ser a presentadora do espectáculo de falabra falada "The Unhappy Hour" no Parlour Club, en West Hollywood.[27][28]
Literatura
En 1997 Lunch publicou Paradoxia, unha autobiografía solta na que documentou os seus primeiros anos, a súa historia sexual, o seu abuso de substancias e os seus problemas de saúde mental.
Notas
- ↑ Martin Charles Strong. The Great Indie Discography. 2003, p. 85
- ↑ Masters 2007, p. 73
- ↑ Masters 2007, pp. 73-108
- ↑ Holden, Stephen (1987-06-04). "Lydia Lunch Expands Theatrical Boundaries". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-09-14.
- ↑ "www.lydia-lunch.org: The Official Lydia Lunch Web Site!". archive.is. 2004-10-22. Archived from the original on 22 de outubro de 2004. Consultado o 2020-09-14.
- ↑ "The 50 Most Evil Songs Ever". Kerrang!. Consultado o 2020-09-14.
- ↑ Masters 2007, p. 82
- ↑ Forced Exposure, Issue #10, 1986
- ↑ "Discogs de Widowspeak Productions". Discogs (en castelán). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ 10,0 10,1 "Lydia Lunch: Smoke in the Shadows, PopMatters". www.popmatters.com (en inglés). 2005-01-16. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Lydia Lunch - Interview - MagnaPhone Magazine - Pure Music". web.archive.org. 2012-04-25. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Smoke in the Shadows - Lydia Lunch". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Music Review: Lydia Lunch - Smoke in the Shadows". Tiny Mix Tapes (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ Manchester, Guy (2012-06-30). "Big Sexy Noise (Lydia Lunch / Gallon Drunk) & Rock In Your Pocket: Bristol - live review". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Lydia Lunch's Big Sexy Noise + Cindytalk". Time Out London (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "LYDIA LUNCH - BIG SEXY NOISE". Fly. 2012-11-20. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Big Sexy Noise Gigography, Tour History & Past Concerts – Songkick". www.songkick.com (en inglés). 2019-06-19. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ Newall, Phil (2012-02-09). "Jeffrey Lee Pierce Sessions Project to release second album...". Louder Than War (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ Goodwyn, Tom (2012-02-09). "Nick Cave and Blondie's Debbie Harry duet on The Gun Club tribute album". UNCUT (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "The Jeffrey Lee Pierce Sessions Project". Glitterhouse Records. 2 de maio de 2014
- ↑ "Lydia Lunch - Retrovirus" (en castelán). 2013. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Lydia Lunch Retrovirus (full show) - at Bowery Electric, NYC - May 29 2013". 2013-06-01. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Center for Popular Music". popmusic.mtsu.edu. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ Calhoun, Ada (2013-12-20). "Lydia Lunch Through the Years". The 6th Floor Blog (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
- ↑ Masters 2007, p. 160
- ↑ "Interview: Exene Cervenka of X". web.archive.org. 2014-02-03. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Tales and Cocktails". Los Angeles Times (en inglés). 2002-07-02. Consultado o 2024-12-23.
- ↑ "Lydia Lunch". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2024-12-23.
Bibliografía
- Masters, Marc (2007). No Wave. Londres: Black Dog Publishing.
Véxase tamén
Ligazóns externas