Louis Charles de la Bourdonnais, nado na illa de Reunión cara a 1796 e finado en Londres o 13 de decembro de 1840, foi un xogador de xadrez francés, o máis importante da primeira metade do século XIX.
Está considerado o campión mundial oficioso (non existía o título no seu tempo) dende 1821 ata a súa morte. En 1834 xogou a que se considera a serie de partidas (85) máis importante da súa carreira, co británico Alexander McDonnell, da que saíu vencedor. Foi o fundador da primeira revista de xadrez, Le Palamède, en 1836.